As comisións de absentismo serán as que avalíen as circunstancias sociais e sanitarias das familias dos menores

O Goberno galego insiste na necesidade de estudar cada situación para poder primar os intereses do menor e o dereito á educación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/11/2020 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

As novas comisións provinciais de absentismo, que se constituirán este mes de novembro, avaliarán as particularidades de cada caso e terán en conta as circunstancias sociais, familiares e sanitarias do fogar e a familia do menor.

O comité educativo, reunido este venres, deu o visto e prace ao borrador da orde pola que se impulsan estes organismos que atenderán e realizarán un seguimento específico dos posibles casos de absentismo escolar vinculados á pandemia da COVID-19.

En concreto e a pesar da escolarización obrigatoria entre 6 e 16 anos, salvo casos acreditados e xustificados por motivos sanitarios, o Goberno galego insiste na necesidade de estudar cada situación para poder primar os intereses do menor e o dereito á educación.

Estas comisións serán as que exerzan un seguimento concreto e específico destes casos que estean vinculados á pandemia, para así poder adoptar decisións e medidas adecuadas e tendo en conta todas as variables.

As xefaturas territoriais de Educación derivarán os casos á comisión provincial correspondente tras iniciar o proceso establecido no protocolo de prevención do absentismo e previo informe da Inspección.

Deste xeito, avaliaranse as circunstancias de cada situación particular, tanto a saúde do menor como dos familiares convivientes, os condicionantes sociais e a evolución epidemiolóxica do momento.

Así mesmo, os ditames das comisións serán vinculantes e os centros articulasen a resposta educativa adecuada a estas decisións.

O titular de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, apelou ao contexto actual para incidir na necesidade de ter "unha sensibilidade especial" e dar unha resposta integral a cada caso, para evitar inconvenientes ao menor ou á súa familia pero "primando o interese" do alumno.

Fotos Xunta /Educación / Comité Educativo.. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta /Educación / Comité Educativo.. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta