Sanidade amplía o rexistro obrigatorio ós visitantes de case todas as CCAA ante o avance da covid

Só quedan fóra a Comunidade Valencia e as illas. Á parte, entran países como Estados Unidos, Hungría, Croacia, Irlanda, Italia, Polonia e Suíza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELASS | 11/11/2020 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade ampliou a lista de comunidades autónomas --a todas salvo os arquipélagos e a Comunidade Valencia, así como ás dúas cidades autónomas-- a obrigatoriedade de rexistro para as persoas que visiten Galicia, ao que se incorporan numerosos países europeos como Hungría, Croacia, Irlanda, Italia, Polonia e Suíza e outros americanos como Estados Unidos.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a actualización dos territorios que, pola incidencia da pandemia da Covid-19, están incluídos no rexistro de viaxeiros que cheguen á Comunidade e que deben comunicar ás autoridades a súa procedencia.

Entre os territorios do continente americano incorpóranse Estados Unidos e Porto Rico aos xa incluídos de Arxentina, Bahamas, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua e República Dominicana, mentres que sae da listaxe Aruba.

No caso de Europa, engádense Bosnia, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Hungría, Irlanda, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Malta, Mónaco, Polonia, Portugal, Romanía, San Mariño, Suíza e Xeorxia aos xa incluídos de Acerbayán, Andorra, Armenia, Bélxica, Francia, Holanda, Kósovo, Montenegro, República Checa, Reino Unido e Xibraltar. Mentres, saen da listado Santa Sé, Moldavia e Islandia

En canto a Asia, súmanse Kuwait e Xordania, mentres sae Israel, aos incluídos na listaxe: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Kazakstán, Kyrsguistán, Líbano, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.

En Oceanía mantéñense sen cambios Guam e a Polinesia Francesa, así como no continente africano, do que están incluídos todos os territorios.

Unha viaxeira mostra a súa documentación a un axente da Policía Nacional na estación de tren Madrid-Porta de Atocha,.. Ricardo Rubio - Europa Press
Unha viaxeira mostra a súa documentación a un axente da Policía Nacional na estación de tren Madrid-Porta de Atocha,.. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta