Os rastrexadores de Feijóo: pasan de ser 6.000 como anunciara a só 700

Agora confirma que só hai "700 persoas" que fan seguimento de forma directa como rastreadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revelou que hai "700 persoas" que fan seguimento de forma directa como rastrexadores. Unha cifra que dista, e moito, dos 6.000 que anunciara hai un mes. De feito, este xoves tentou xustificar a súa afirmación inicial dicindo que tamén hai máis de 5.600 profesionais sanitarios que fan seguemento en Atención Primaria, e aos que tamén sumou outros traballadores da sanidade pública como servizos de Medicina Preventiva-.

"Temos xefaturas territoriais, servizos de medicina preventiva, persoal de rastrexo militares, centro de seguimento de contactos; máis de 700 persoas", manifestou o mandatario autonómico na súa comparecencia para informar da situación da pandemia da covid-19, a súa última intervención que non permite a réplica dos grupos da oposición.

Precisamente, a cifra de rastrexadores que insistentemente preguntou a oposición sen resposta e a actuación de seguimento foi unha das cuestións que foi obxectivo de maior confrontación durante a comparecencia. Nela, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntou se había vinculación entre o menor número de PCR realizadas este luns co feito de que Feijóo acudise este mércores á Cámara galega, unha cuestión que o mandatario autonómico tachou de "insidia".

Na súa última resposta, Feijóo confirmou o dato que pediu en distintas ocasións a oposición e cifrou que "máis de 700 persoas dedícanse de forma directa, o 100 por cento do seu tempo ou maioritariamente, ao rastrexo".

Con todo, avisou que a propia Xunta estivo "tentado" saber "onde están as cifras de rastrexadores" doutras comunidades. "Depende de como me faga a pregunta, eu contéstolle", manifestou, para indicar Galicia, Andalucía e Comunidade Valenciana "recoñecen que os médicos de atención primaria para facer isto".

Pero, continuou, hai "700 persoas que se dedican a isto de forma total, a tempo completo, con horas extraordinarias continuadas". De feito, incidiu que se traballa sábados e domingos "de forma continuada": "Como que non facemos rastrexo, cando resulta que temos os datos menos malos do conxunto do país?".

A polémica sobre o número de rastrexadores foi obxecto de debate en varias ocasións, nas que a oposición preguntou por esta cifra e o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, rexeitou aclarar a cifra e chegou mesmo a pedir unha definición de que se entendía por rastreador para poder fixar un número.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita o novo centro de saúde de Pereiro de Aguiar (Ourense). XUNTA/ DAVID CABEZÓN / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita o novo centro de saúde de Pereiro de Aguiar (Ourense). XUNTA/ DAVID CABEZÓN / Europa Press

NÚMERO DE PROBAS

Durante a comparecencia deste mércores, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, preguntou se había vinculación entre o menor número de PCR realizadas este luns --dous mil menos, dixo-- co feito de que Feijóo acudise este mércores á Cámara galega, xa que a "menor" número de probas, máis baixo será o nivel de positividade. Ata en dúas ocasións Feijóo preguntoulle se mantería estas afirmacións que chegou a tachar de "insidia".

"Unha pregunta, unha resposta, non unha descualificación. Por que cae en picado nunha redución que non ten precedentes? Déronlle instrucións?", preguntou Pontón, quen tamén cuestionou se tiña que ver coa instrución dada aos médicos de Atención Primaria para que deixasen en mans do centro de seguimento as peticións de PCR para contactos de persoas que arroxaran un positivo por covid-19. "Ten que vir darnos respostas e non a insultarnos", salientou a dirixente nacionalista, quen ironizou con que o "gran anuncio" desta xornada sexa "que a cidadanía se teña que rastrexar a si mesma".

"Fixo a 'fake news' máis grande cando falou de que había máis de 6.000 rastreadores, uns números que non existen", acusara, previamente, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. O deputado socialista lembrou que "nin o conselleiro" quixo ou "puido" ratificar as cifras de rastreadores nin en sede parlamentaria nin nunha entrevista en 'La Voz de Galicia', a cal leu para evidenciar esa negativa a dar a cifra, aclarada este mércores por Feijóo ao final da súa intervención.

Feijóo replicou que as tarefas de rastrexo en Galicia "funcionan mellor" que noutras comunidades do Estado e argumentou que, non en balde, os datos da Comunidade no que respecta á incidencia do virus son tamén máis favorables. Con todo, recoñeceu que sempre se pode mellorar e, neste contexto, situou precisamente as medidas anunciadas este mércores, que tamén contribuirán a manter controlada a presión asistencial.

CENTROS XERIÁTRICOS

Feijóo, quen situou como obxectivo último tratar de evitar un confinamento xeneralizado, tamén ratificou --fronte ás dúbidas da oposición-- que o seu Executivo "vela polas persoas e ámbitos máis vulnerables". E aproveitou para confirmar tamén medidas para os centros xeriátricos da comunidade.

Así, ratificou que, a partir das próximas semanas, se poñerá en marcha nas residencias de maiores un proxecto piloto de detección temperá a través das augas residuais, co fin de saber se hai covid nunha residencia e poder actuar "antes de que haxa sintomatología". "E estamos a traballar para perfeccionar o modelo de residencias hoxe e no futuro", apostilou.

HOSTALARÍA

No ámbito económico, tras o peche nas sete principais cidades e noutros 53 municipios, o responsable do Goberno galego referiuse a un dos sectores "nos que vai ser preciso envorcarse nas próximas semanas": o da hostalaría. Sobre este punto, lembrou que a Xunta aprobou axudas desde "o primeiro minuto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Franchis

A incrible historia do neno minguante dos Peares.

1 Lad

Desfrutando do votado

1 Alienao

Se non che gusta, tés 4 anos por diante pra facer a revolución