"Sorprendeme que se fagan denuncias anónimas e logo apareza nos medios", di Feijóo sobre o centro de Salvaterra

Di que a atención nesta residencia e maiores "é adecuada" a pesar das denuncias das traballadoras públicas que a Xunta mandou tras intervir o centro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se continúa "investigando" para aclarar se na residencia de Salvaterra do Miño, intervida pola Administración galega, hai irregularidades, despois da denuncia que aseguraba que neste centro había anciáns encerrados e con úlceras posturais.

"Imos seguir traballando no asunto de Salvaterra", dixo o presidente galego, antes de queixarse de que, en todo caso, sorprendeulle "moito" que a denuncia se materializase mediante "un anónimo". "Foi o que recibimos e despois noticias nos medios", advertiu. Con todo, a asociación de traballadoras sociais da Xunta Trega anunciou que remitiría un escrito ao Goberno galego.

Feijóo rexeitou "pór en solfa" o labor dos profesionais sanitarios e de servizos sociais que están a traballar no centro, á vez que argumentou que, se se coñece unha irregularidade "alarmante", o adecuado sería pór "nomes e apelidos" para que se poida actuar con maior rapidez. Con todo, explicou que os profesionais sanitarios seguen valorando aos pacientes e buscando a algún "con esa lesión ou esa úlcera".

"SE HAI ALGO, ACTUARASE"

"Seguiremos investigando e, se hai algo, actuarase", esgrimiu, para engadir que, con independencia de que poida haber problemas puntuais, como cos timbres, constatouse que a atención é "adecuada".

"Onte volvemos ir e constatamos que a atención na residencia segue sendo adecuada", proclamou e concluíu que, en todo caso, a área de inspección ten "toda a liberdade para levantar actas e sancións" se se acredita que se cometeu algunha irregularidade.

Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello.. Xunta de Galicia
Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello.. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta