Críticas a Feijóo por "culpar" ás familias dos contaxios en residencias mentres "defende" ás empresas

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública carga contra a Xunta por esixir "sacrificios" á poboación mentres segue sen tomar medidas "contundentes" con estes centros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A evolución da pandemia ameaza con pasar factura á imaxe do executivo de Feijóo. Logo de felicitarse pola súa xestión da primeira vaga, da que Galicia saíu relativamente indemne, o avance da covid nesta segunda está a cercar ao executivo de Núñez Feijóo, que unhas semanas atrás ordenou reducir o número de PCRs; feito tralo cal descenderon os casos activos totais.

Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020.. Carlos Castro - Europa Press

A xestión da Xunta de Galicia foi duramente criticada no mes de setembro debido á polémica xerada por Román Rodríguez á súa volta á Consellería de Educación. Rodríguez retornou ao posto abandonado por Carmen Pomar elevando os servizos mínimos ante a proximidade dunha folga que os sindicatos prevían forte. Por outro lado, as sucesivas actualizacións do protocolo escolar foron tomadas tamén por sindicatos e docentes como síntoma de improvisación.

Dous meses despois do regreso ás aulas, o foco de presión sobre o goberno de Núñez Feijóo está xa na área de Sanidade, comandada por Julio García Comesaña. Galicia superou hai unhas semanas a máxima histórica de contaxios ao poñerse por riba dos 10.000 casos activos, pico que está a remitir tralo anuncio de Feijóo para facer menos PCR.

Neste contexto, véñense sucedendo as críticas contra a política da Xunta en materia covid, en particular logo de que Feijóo “se erixira como voceiro mediático da pandemia” para “sacar rendibilidade partidista” do acontecido nos últimos meses, de acordo con palabras da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP).

O COMITÉ CLÍNICO, "DESCOÑECIDO"

As críticas desta asociación céntranse en que Feijóo, por un lado, emita “consellos e propostas” ao resto de autoridades mentres en Galicia, relatan, seguimos a “descoñecer” a composición do Comité Clínico; responsable da toma de decisións fronte á pandemia. En particular, a plataforma critica a xestión da Xunta por impoñer “importantes medidas restritivas”, cos seus correspondentes “grandes sacrificios” pero “sen adoptar medidas contundentes sobre as residencias de maiores, onde se concentran o 50% das mortes”.

Para a plataforma resulta “urxente” actuar sobre as “condicións estruturais, de recursos e de funcionamento” destes centros. Esta intervención resulta necesaria para a asociación despois de que a mortalidade da segunda onda se estea a “cebar” con certos centros “xestionados por case as mesmas empresas multinacionais ou eclesiásticas”,

A indignación da plataforma concéntrase á parte no feito de Feijóo, din “culpa dos contaxios ás familias e o persoal traballador” á par que o Partido Popular “defende ás empresas que a xestionan”. Segundo destacan, AGDSP rexeita “de plano” esta actitude que segundo eles está a ter lugar na Parlamentaria creada para analizar as causas e consecuencias da pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta