Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 12:05
A Garda Civil detivo a un home de 49 anos veciño de Lalín como presunto responsable do atropelo que o martes custou a vida ao exconcellal do PP en Agolada, Alberto Vilariño Coego, cando este viaxaba en bicicleta pola N-640. Segundo informa o Instituto Armado este mércores, ao home arrestado atribúenselle un delito de homicidio por imprudencia e outro de omisión do deber de socorro, xa que, tras o sinistro, abandonou o lugar sen atender ao ciclista, que faleceu no lugar do accidente.
Desde o momento do accidente, que tivo lugar ás 13,00 horas do martes no quilómetro 147,500 da N-640, a Garda Civil abriu unha investigación para dar co paradoiro do condutor do camión responable do atropelo. A detención produciuse ás 09,45 horas deste mércores despois das pescudas levadas a cabo por axentes do equipo de ateigados da Garda Civil de Lalín e o Grupo de Información da Agrupación de Tráfico (GIAT). Trátase dun home de 49 anos veciño da localidade de Lalín, próxima ao lugar do accidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.