O BNG reitera que non apoiará os PGE por ser unha "discriminación" a Galicia

"Cando na maioría das comunidades soben entre un 45 e un 80 por cento, que en Galicia baixe un 11% non é xustificable", subliñou Pontón.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reiterou que esta formación non apoiará os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para o próximo ano se por parte do Goberno non se corrixe o "agravio" que, ao seu xuízo, supoñen as partidas previstas para Galicia. A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza nun acto ante o Pazo de Meirás xunto a representantes do BNG, entre eles o seu portavoz, Ana Pontón, trasladou a súa confianza en que se acepten emendas parciais presentadas por esta formación.

"Para corrixir o que é un agravio", sentenciou. Así, cualificou de "indefendible" o que considerou unha "discriminación" con esta autonomía "cando os orzamentos soben un 19% e o investimento máis do 68%". "E cando na maioría das comunidades soben entre un 45 e un 80 por cento, que en Galicia baixe un 11% non hai maneira de xustificar isto", insistiu.

INVESTIMENTOS

Como exemplo, citou o caso da área coruñesa aludindo ao feito de que o PGE recollan "unha asunción da débeda de 400 millóns do porto de Valencia" e non os 200 millóns que, segundo lembrou, existen no caso do da Coruña. "140 millóns para a conexión ferroviaria do porto de Castelló e cero na da Coruña", citou tamén. Neste caso, dixo que "a diferenza se agrava" por existir neste último un proxecto e un estudo de impacto ambiental "a piques de caducar". Ademais, aludiu ao Corredor do Atlántico, cuestionando que non se atendan a este respecto "as prioridades" de Galicia, fronte ao Corredor Mediterráneo.

Con todo, manifestou que o BNG está disposto "a falar" se, á súa vez, o Executivo é proclive a introducir "novas partidas" para esta autonomía. "Se exceden os 1.000 millóns de euros que temos cifrado, votaremos a favor, pero se non hai unha correción votaremos en contra", recalcou.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gustavo

Si no anterior orzamento había 436 millóns para o AVE (prácticamente a metade do orzamento) e agora apenas 50 e pico, quere decir que, quitando esa partida que para case nada incide no benestar da xente, os orzamentos deste ano son superiores aos anteriores. Que deberían selo máis? Supoño que é a obriga demandalo. Pero esa baixada do 11% é unha media verdade, porque o dito, o AVE levaba a metade (e mesmo máis noutros anos) deses orzamentos. Non entendo de todo a postura do BNG, compartindo o discurso do PP neste aspecto, Eles saberán, pero igual lle están facendo de altofalante a Feijoo, e gratis.

1 oooooh!

O deber do BNG e procurar oa maximos investimento para o pais, ten razon vostede no que di do AVE, pero tamen é certo o que di o BNG da comparacion dos investimentos no porto da Coruña cos de Valencia ou Castellon e no feito de que non haxa nin siquer un estudo para a saida sur de Vigo, cando o goberno portugues se compromete a desenvolver o seu eixo atalntico de lata velocidade. Este deber deberia ser tamen o de todos os deputados galegos sexa do partido que foren, mas por desgraza obedecen mais aos xefes dos seus partidos, que aos verdadeiros xefes, que son os electores galegos. Ao BNG podelle sair ben ou mal a xogada, eu plo interese de todos os galegos esero que lle saia ben

2 Roxalia

Co si de Esquerra e Bildu o goberno non necesita para nada o único escaniño do Bloque. Pero non pasa nada, La Vox de Galicia fíxovos crer que un único escaniño do BNG tiña máis peso ca seis das Mareas. Disfrutade do votado.