Mapa: A Covid cébase agora cos pequenos concellos de Galicia

Tres localidades de Bergantiños, Mos, Vilalba, A Lama e Beariz son os lugares máis afectados.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/11/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Xunta accedeu a publicar os datos logo de 8 meses, pero nos concellos con menos de 9 casos aínda segue sen ofrecer os datos completos. Faino logo de que a curva comezase a baixar nesta segunda onda.

Mapa da incidencia da Covid en Galicia a 22 de novembro
Mapa da incidencia da Covid en Galicia a 22 de novembro

Neste mapa elaborado por Xornal de Vigo pódese ver o número de casos e incidencia acumulada nos últimos 14 días. Un mapa na que destaca a forte incidencia que a Covid está tendo en pequenos concellos de Galicia sendo a situación especialmente grave na Costa da Morte e, concretamente, na comarca de Bergantiños.

Alí, as localidades máis afectadas son Cabana, con case 1.500 casos por cada 1.000 habitantes; Coristanco, con 1.251 e Malpica, con 1.168 casos por cada 100.000. En Pontevedra a peor situación é a de Mos, con 1.359 casos por cada 100.000 habitantes e A Lama, con case 1.000. En Ourense, é Beariz, con 1.647 casos, o concello con peores datos de Galicia e en Lugo, Vilalba, con 1.351 casos por cada 100.000 habitantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta