Reclaman o reforzo do Centro de Información ás Mulleres de Ourense, que "leva anos en precario"

O Bloque reclama ao Concello de Santiago que limpe a zona do Polígono do Tambre e acabe coa súa "imaxe descoidada".

Por E.P. | OURENSE | 22/11/2020 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A concelleira do BNG en Ourense Ruth Reza pide ao goberno local de Ourense que "se poña as pilas" e reforce a área de Política Social do Concello con máis persoal: "Hai moito que facer e as necesidades hai que cubrilas xa, non se pode seguir esperando". A través dun comunidado, a edila nacionalista asevera que "non pode ser que as persoas que máis o precisan", como son os colectivos "en risco de exclusión social", vexan "atrasadas as súas citas para acceder aos recursos ata tres meses".

Ademais, o BNG asegura que o Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) da cidade das Burgas se atopa na mesma situación. "Se para este goberno a igualdade e a loita contra a violencia machista é unha prioridade, ou entendemos que debería selo, o primeiro que hai que facer é dotar de persoal o CIMM", insiste Reza.

A concelleira tamén explica que estas instalacións levan anos "traballando en precario cunha psicóloga-directora e unha xurídica". Ao seu xuízo, este centro precisa "como mínimo unha psicóloga a tempo completo, unha traballadora social e unha educadora social".

En definitiva, Ruth Reza reclama un cambio de políticas "e poñer ás persoas no centro", porque "está visto" que a xestión do PP tanto no Concello de Ourense --aínda que desde hai meses xa non forman parte do goberno local-- como na Xunta tiveron como consecuencia a consolidación da pobreza e a exclusión social".

LIMPEZA DO POLÍGONO DO TAMBRE

Por outra banda, en Santiago de Compostela, a edila do Bloque Navia Rivas esixe ao goberno de Xosé Sánchez Bugallo que elimine a maleza "que invade as beirarrúas" e as zonas de paso do Polígono do Tambre. "Isto débese a unha falta de mantemento ordinaria, a pesar de que son zonas moi transitadas tanto por persoas que van facer compras ou traballar a este polígono industrial como por quen opta por facer deporto ou pasear buscando novos espazos", asevera.

Entre os problemas que menciona Rivas, están silvas, falta de iluminación e un farol dobrado a piques de caer na rúa Castela e León.

Campaña Compostela en Negro contra a violencia machista. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo
Campaña Compostela en Negro contra a violencia machista. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta