Temas: XUNTA

Galicia é a segunda autonomía que máis rápido paga a provedores, con 14,47 días

O prazo baixou en setembro a 35,47 días no Estado e baixa a 34,77 nas CCAA.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/11/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Galicia é a segunda comunidade autónoma que máis rápido paga aos seus provedores, cun Período Medio de Pago (PMP) que en setembro se situou en 14,47 días, só por detrás da Rexión de Murcia (3,49 días, segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Facenda.

Pola súa banda, ascendeu en 1,60 días na Administración Central en setembro, ata os 35,47 días, mentres que descendeu en 0,13 días no conxunto das comunidades autónomas, ata os 34,77 días.

Así mesmo, despréndese que o conxunto das entidades locais rexistrou un período de pago de 70,35 días en setembro, o que supón un descenso de 5,76 días respecto o trimestre anterior.

Mentres, o PMP rexistrado nos Fondos da Seguridade Social no noveno mes de laño situouse en 10,64 días, o que supón unha baixada de 0,52 días.

No caso da Administración Central, o cociente de operacións pagas situouse en 34,05 días, mentres que o cociente de operacións pendentes de pago alcanzou os 37,86 días.

Respecto da composición do PMP das comunidades autónomas en setembro, o cociente de operacións pagas sitúase en 26,39 días, 1,96 días máis, e a de operacións pendentes de pago en 44,39 días, 0,31 días menos.

Temas: XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta