Os traballadores de Siemens Gamesa, en loita contra os despedimentos anunciados pola multinacional

Durante toda a xornada celebran asembleas para decidir as novas medidas de mobilización.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Os traballadores de Simenes Gamesa nas Somozas están a secundar este mércores, 25 de novembro, unha concentración durante todo o día, de 6,00 a 22,00 horas, ante a entrada principal do recinto industrial, ante a falta de novos contratos.

A protesta está a ser tamén acompañada de asembleas informativas para cada un das quendas. Así, ás 5,15 horas desenvolveuse para os traballadores da mañá, ás 13,15 horas para os de tarde e ás 21,15 horas será para os de noite. Nela está previsto facer unha votación das medidas de presión que tomará o persoal e que serán propostas polo comité de empresa.

Ademais, este xoves, día 26, está previsto repetir a concentración durante todo o día, ante a planta que a multinacional ten no polígono industrial das Somozas.

O comité de empresa, formado por delegados de UGT e CCOO, denuncia que a fabrica dedicada á produción de pas para aeroxeradores non ten novos contratos, que a finais de decembro ou principios de xaneiro finalizarán os actuais encargos, de pas do modelo SX-114 --de 57 metros de longo--, e que está en serio perigo o futuro de 500 postos de traballo, entre directos e indirectos.

Protesta de traballadores de Siemens Gamesa
Protesta de traballadores de Siemens Gamesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta