Santiago pide unha unidade específica polo aumento do índice de suicidios na cidade

É a terceira causa de mortes de mulleres na cidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Santiago insta a impulsar medidas en materia de prevención do suicidio, a terceira causa de morte das mulleres na cidade, que pasen tanto pola elaboración de campañas de concienciación e apoio e da creación, por parte da Xunta, dunha unidade especifica no municipio.

A iniciativa do BNG saíu adiante cos votos favorables de todos os grupos e a abstención do PP, que argumentou que o Goberno galego conta cun plan de prevención desde o ano 2017. A edil Navia Rivas fixo un chamamento a "non mirar para outro lado" a un problema ante a elevada taxa de presenta a cidade, con 14,6 por cada 100.000 habitantes, "case o dobre que a media estatal", e cunha alta afectación nas mulleres.

Neste sentido, apelou á urxencia destas medidas tendo en conta o contexto de crise actual e o elevado número de chamadas ao teléfono da esperanza do mes do marzo, cun incremento do 45 por cento. "O silencio non vai salvar vidas e a inacción moito menos".

A concelleira Marta Lois insistiu tamén nesta cuestión, incidindo na importancia dun programa de intervención ante un problema que "duplica" as mortes por accidente de tráfico e sobre todo porque a violencia de xénero é un factor que precipita o 25 por cento de tentativas nas mulleres.

Beatriz Cigarrán, do grupo popular, a defendido que as medidas "existen e están a funcionar", aínda que comparte a necesidade de avanzar na prevención deste tipo de situacións e apelou á complexidade dun fenómeno "multicausal".

UN PROBLEMA "ENORME"

Pola súa banda, Mila Castro incidiu en que se trata dun problema que concierne "a todos como sociedade" e debe ser "unha obrigación" das diferentes institucións, incidindo en que as consultas de saúde mental "están saturadas" e os números "son importantes", tras pór de manifesto "a alta feminización do suicidio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta