Rescatan a un home de 73 anos que caeu polo oco dun ascensor en Verín

O home quedou inconsciente e con "algunha lesión na cabeza".

Por E.P. | OURENSE | 27/11/2020 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

Os bombeiros rescataron este xoves pola tarde a un home, de 73 anos de idade, que resultou ferido ao caerse polo oco dun ascensor no interior dunha vivenda en Verín.

Segundo informa o 112 Galicia, foi unha veciña quen sobre as 19,30 horas contactou coa central de emerxencias para avisar de que o septuaxenario caeu polo oco do ascensor que comunica a primeira planta co garaxe e que estaba tendido sobre a cabina.

Ademais, a persoa alertante indicaba que o golpe deixara ao home "inconsciente e con algunhas lesións na cabeza". Con todos estes datos, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos bombeiros de Verín para rescatar ao ferido e ao 061-Urxencias Sanitarias para proporcionarlle a asistencia médica.

Foi este mesmo servizo o que procedeu ao traslado do home, en ambulancia de soporte vital básico, ata o hospital comarcal. Neste operativo tamén participou a Policía Local.

O servizo de bombeiros nunha intervención
O servizo de bombeiros nunha intervención | Fonte: CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta