GC Aberto

Ourense Covid: reclusión maior

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020

Comparte esta noticia

A cidade de España na que as autoridades autonómicas manteñen unhas medidas máis severas como consecuencia da Pandemia é Ourense. A cidade de España que leva máis tempo confinada é Ourense. No momento de maior incidencia de contaxios en 14 días (primeira semana de outubro), a cidade, con preto de 500 casos/100.000 habitantes, non estaba, porén, entre as 20 cidades españolas con situación máis grave naquel momento.

Un can ladra na praza Maior do Carballiño onde hoxe se levantou o peche perimetral e reabre a hostalaría, a 21 de novembro de 2020. Rosa Veiga - Europa Press
Un can ladra na praza Maior do Carballiño onde hoxe se levantou o peche perimetral e reabre a hostalaría, a 21 de novembro de 2020. Rosa Veiga - Europa Press

Velaquí a cronoloxía, sen valoracións, críticas nin análises:

- 8 de setembro: Jesús Vázquez Abad, portavoz local do PP, rompe o pacto que o seu partido mantiña desde xuño de 2019 polo que Gonzalo Pérez Jácome era nomeado alcalde de Ourense co apoio do PP, validado polo Presidente da Xunta de Galicia (feitos con graves consecuencias na posterior xestión da pandemia na cidade de Ourense, como se verá a continuación). 

- 13 de setembro: O Presidente da Xunta de Galicia ponse en contacto cos alcaldes de todas as cidades galegas para afrontar a pandemia e tomar medidas oportunas, excepto co de Ourense, ao cal exclúe de dita comunicación. Faro de Vigo, 13 setembro: "O Presidente ofrece colaboración a todos os alcaldes, menos a Jácome".

- 23 de setembro: A Xunta de Galicia impón restricións perimetrais e sinaladas no barrio máis populoso da cidade (O Couto), afectando a reunións de persoas e hostalaría, debido literalmente "ao seu modo de vida" (A Rexión 25 setembro).

- 7 de outubro: Dr. Tato Vázquez Limia, membro do Comité Sanitario Asesor Xunta de Galicia: "Ourense é como unha atómica, como unha bomba vírica" (literal: aí están as hemerotecas).

- 8 de outubro: Peche perimetral da cidade, con prohibición de desprazamento fóra de concellos de Ourense e Barbadás. O primeiro en Galicia e en España desta índole e gravidade, anterior ao "modelo" Carballiño que se pon de exemplo, e que se mantén na cidade de Ourense ata hoxe. 

- 30 de outubro - 2 novembro: Madrid, con máis de 8 cidades con incidencia 14d superior a 1000 casos/100.000 habitantes (máis do dobre que Ourense no seu pico de contaxios), decreta peches diarios e moi puntuais, sen continuidade no tempo. Hoxe a situación de Madrid, gobernada polo mesmo partido que goberna Galicia, é das mellores de España. 

- 31 outubro: Peche perimetral e prohibición de contacto con non conviventes das demais grandes cidades galegas (case un mes despois de que se implementase esta medida en Ourense).

- Hoxe, 21 novembro: 44 días despois do inicio do confinamento discriminado ordenado pola Xunta, que nos impide saír dun perímetro moi restrinxido, e con toda a hostalaría pechada, a situación mantense. E con 22 días máis de restricións que o resto de cidades galegas.

Carlos Vispo Basalo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta