O PP négase a que a televisión dos hospitais públicos sexa gratuíta para os pacientes

O PSdG critica que se neguen a financiala logo de pagar "700.000€" ao ano aos sacerdotes que traballan en hospitais públicos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Acumúlanselle as polémicas ao goberno da Xunta de Galicia no tocante á sanidade. A última tivo lugar esta semana na Comisión do Parlamento logo de que a bancada azul rexeitara dar unha servizo de TV gratuíta aos pacientes dos hospitais de Galicia. A proposta, formulada polo voceiro de Sanidade do PSdG, Julio Torrado, pretendía universalizar un servizo que nos centros hospitalarios galegos segue a ser de pago.

Home ante unha televisión nun hospital
Home ante unha televisión nun hospital | Fonte: córdobabn.com

E non se trata dun desembolso simbólico. De acordo coas declaracións de Torrado na cámara galega, o prezo para acceder á TV ao longo dun día varía dos 3’5€ en Ourense a 5’5€ en Santiago, pasando polos 4’84€ do Álvaro Cunqueiro. Por se fora pouco, os pacientes destes centros –de acordo coas declaracións do socialista—teñen tamén que “pagar por ter wifi”.

A cuestión da TV foi motivo de polémica no Hórreo logo de que Torrada afirmara que “é o momento de rescindir o contrato” da empresa concesionaria deste servizo, que segundo fontes socialistas está a recoller, “grosso modo”, 3’5 millóns de euros ano por cobrar os bonos de televisión. Torrado criticou que o PP fale de “límite” de recursos os “cando orzamentan 700.000 euros para pagarlles aos sacerdotes que traballan nos hospitais públicos”.

HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

O voceiro de Sanidade do PSdG aproveitou a ocasión para incidir na polémica do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, envolto nas críticas da oposición logo do anuncio da venda do 43% del. “Ben podemos facelo [rescindir a concesión] se somos quen de pagarlle 75 millóns de euros ao ano á empresa concesionaria dun hospital que resulta 450 millóns de euros máis caro”, espetou. “Deberíaselles caer a cara de vergoña por ter defendido que era público despois do que soubemos esta semana”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chiang Kai Chek

Aos curas se todo o mundo lles fixese coma meu pai hai tres anos, que fixo que puxese "pies en polvorosa" xa estaba. O problema é que hai un montón de xentiña que os atura, e é comprensible neses momentos de dor, desesperación...