O Concello de Santa Comba abre expediente a unha explotación mineira por realizar obras sen licenza municipal

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/12/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Concello de Santa Comba (A Coruña) abriu un expediente contra os titulares dunha explotación mineira pola realización de obras sen a correspondiene licenza municipal. Así figura no documento polo que o consistorio coruñés incoa expediente á sociedade mercanitl 'Galicia Tin & Tungsten SL', propietaria dunha explotación mineira na localidade.

Explotación mineira de Santa Comba sancionada polo concello. PETÓN DO LOBO
Explotación mineira de Santa Comba sancionada polo concello. PETÓN DO LOBO | Fonte: Europa Press

En concreto, trátase dunha actuación consistente na colocación de varios tubos que cruzan unha pista para evacuar a auga que sae do interior da galería.

O consistorio asegura que estas obras carecen da licenza urbanística municipal requirida, polo que ordena a paralización dos traballos, que xa foran denunciados por varios colectivos ecoloxistas, entre eles a asociación Petón do Lobo.

O goberno local concede un prazo de 15 días á empresa para presentar alegacións. Mentres tanto, avanza a adopción de medidas cautelares que consistirán na retirada da maquinaria, a suspensión de subministracións ou a execución forzosa a través de multas coercitivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta