Caída xeral de diversos servizos de Google como Gmail ou Drive

Os problemas son de alcance global, pero tiveron maior incidencia en Europa.

Por E.P. | MADRID | 14/12/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Servizos de Google como Gmail, Youtube ou Drive, están a experimentar problemas este luns que impiden o acceso aos usuarios, así como ver os vídeos, cargar novos correos ou a sincronización de arquivos.

Como recolle o portal DownDetector, os problemas en Youtube empezáronse a notar cara ás 12:30 horas este luns, con fallos no inicio de sesión, no acceso á web e na reprodución de vídeos.

Os usuarios tamén empezaron a experimentar, á mesma hora, problemas de acceso a Gmail e Drive, que impiden iniciar sesión e acceder aos correos recibidos, no servizo de correo. En Drive experiméntanse problemas de sincronización e de carga da aplicación.

Os problemas nos servizos de Google son de alcance global, pero teñen unha maior incidencia en Europa, especialmente en España, Portugal, Reino Unido, Polonia e Grecia.

Trátase do que parece ser unha caída xeneralizada dos servizos de Google, que tamén afecta a Google Play, Youtube Music, Google Home, Nest, Google Classroom e o buscador de Google, como recolle o portal citado.

Caída xeneralizada de servizos de Google
Caída xeneralizada de servizos de Google | Fonte: Captura Gmail

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta