Traballadores de limpeza do CHUS iniciarán a folga o 21 de decembro e estudan recorrer os servizos mínimos "abusivos"

O paro comezará ás 7,00 horas do luns 21, ata as 10,00 horas do 24 de decembro, así como das 7,00 horas do día 28, ata as 7,00 horas do 31 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2020 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O comité de folga do servizo de limpeza dos hospitais Clínico de Santiago e Gil Casares sinalou este luns que, finalmente, iniciará os paros o próximo 21 de decembro e ha avanzando que estuda recorrer os "abusivos" servizos mínimos decretados pola Xunta.

Hospital Clínico de Santiago
Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Europa Press.

O comité explicou que a folga comezará ás 7,00 horas do luns 21, ata as 10,00 horas do 24 de decembro, así como das 7,00 horas do día 28, ata as 7,00 horas do 31 de decembro.

No acto, no que compareceron representantes da CIG, CCOO, UGT e CUT, aseguraron que non se trata dunha convocatoria para "conquistar nada", se non para que "se respecten as condicións laborais existentes" e para que "os persoais que se enfrontan día a día á covid nos centros hospitalarios estean adecuadamente dimensionadas".

O día 1 de decembro, informa o comité, iniciaba a súa actividade como adxudicataria do servizo de limpeza tanto do Hospital Clínico como do Gil Casares, a UTE conformada por Illunion Limpeza e Medio Ambiente e Illunion CEE Limpeza e Medio, que manifestaron a súa intención de "non subrogar, isto é, despedir a 8 traballadoras, ademais de non dar continuidade a 24 contratos eventuais, a pesar de estar incluídos nos cuadrantes de traballo previstos para este mes".

Ante esta situación, optouse pola convocatoria dunha folga, polo que os representantes reuníronse coa empresa o 3 de decembro. Durante este encontro, denuncian os traballadores, "quedou evidenciado que os despedimentos de traballadoras eran só unha parte das pretensións da empresa".

ACORDOS E PERSOAL

Desde a UTE, critica o comité de folga, "non se comprometeron, nin confirmaron, o cumprimento dos diferentes acordos existentes neste centro de traballo, nin cos requirimentos da Inspección de Traballo de dimensionamento do persoal e procedementos para a contratación da mesma".

Os traballadores afirman que a empresa argumentou "un suposto sobredimensionamento do persoal", que "non se corresponde coa realidade". Fronte a isto, lembraron que as centrais sindicais con presenza nos comités de empresa do conxunto do complexo hospitalario, xa no mes de xuño, reclamaron unha revisión dos persoais dos pregos, especialmente tendo en conta a situación xerada pola covid-19.

"Sorprende que, en plena pandemia, a Xerencia e a empresa fagan valoracións das que se pode deducir que o persoal preciso e necesario tería que ser mesmo inferior á existente con anterioridade á declaración do estado de alarma", subliñaron.

Neste sentido, consideraron "rechamante" que, por parte da Xunta, "se xustifiquen uns servizos mínimos abusivos coa pandemia, mentres que a efectos da contratación de persoal e da dotación de recursos non se teña en conta para nada a situación de emerxencia sanitaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta