Xoán Manuel Pintos, o xuíz represaliado que escribiu o primeiro libro en galego da modernidade

Pintos naceu un 16 de decembro de 1811 en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Foi por un 16 de decembro de 1811 que nacía no concello de Pontevedra Xoán Manuel Pintos, unha das figuras máis lembradas da lingua e cultura galegas. Aínda que xeralmente atribúeselle a Francisco Añón o posto de primeiro precursor do Rexurdimento, en realidade foi Pintos o primeiro literato galego que se lanzou á difícil empresa de sacar un libro en lingua galega. Foi o caso de A Gaita Gallega, que, publicada en 1853, se converteu así na primeira obra publicada en galego --tratábase, en realidade, dunha obra trilingüe. O primeiro libro moderno escrito integramente en galego non foi outro que os Cantares de Rosalía--.

Retrato de Xoán Manuel Pintos, literato galego autor de A Gaita Gallega, primeira obra en galego tralos séculos escuros
Retrato de Xoán Manuel Pintos, literato galego autor de A Gaita Gallega, primeira obra en galego tralos séculos escuros

A efeméride de Pintos, en calquera caso, non pasou desapercibida para os tuiteiros galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta