Gloria Lago valora militar en política

A voceira de Galicia Bilingüe admite publicamente que pensa se volver a participar nun partido político. UPyD en Galicia podería ser o seu destino.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/06/2013 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

"Desde hace un tiempo me están animando a entrar en política; en política de partido se entiende. (...) Visto lo visto, sería la vía más práctica  para trabajar a favor de los ideales de libertad lingüística y para acabar con el adocenamiento nacionalista que corrompe intelectualmente la enseñanza y la sociedad en general".

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, á dereita, na presentación da revista Vosotros na Academia Galega de Belas Artes na Coruña
Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, á dereita, na presentación da revista Vosotros na Academia Galega de Belas Artes na Coruña | Fonte: elblogdeglorialago

Quen así fala é Gloria Lago, a voceira do colectivo crítico coa normalización Galicia Bilingüe. A profesora viguesa expón na súa bitácora os motivos que a frenan, pero tamén os que a empurran a dar o salto dende o asociacionismo e incorporarse a un partido. 

Ademais do seu habitual discurso contra o nacionalismo galego, Lago mostra unha liña argumental moi dura coa clase política nunha democracia que di está "enfermando". Así acusa aos cargos de estar interesados unicamente en "mantenerse en sus privilegios y enriquecerse a nuestra costa".

Cal pode ser o partido no que milite?

A Asociación Galicia Bilingüe nunca pediu o voto para unha formación en concreto. Iso si, durante a súa ofensiva mediática contra a suposta imposición do galego durante o bipartito (PSOE e BNG) o seu discurso tivo moito eco entre dirixentes do PPdeG e de UPyD, ademais de outras forzas minoritarias da ultradereita nacionalista española. Por exemplo, membros destas dúas formacións acompañaron a Lago na primeira liña da polémica manifestación en Compostela que rematou con serios incidentes entre mozos nacionalistas e os antidisturbios.

Con todo, unha vez recuperado o poder e comprobado o poder de mobilización que ten a defensa do galego, o Goberno do PPdeG foi marcando distancias con Galicia Bilingüe. A propia Gloria Lago criticou abertamente a Alberto Nuñez Feijóo por incumprir as promesas de "libertad lingüística" que fixera en campaña. A profesora olívica tamén arremeteu publicamente en varias ocasións contra o secretario xeral de Política Lingüística. A súa entrada no PPdeG parece polo tanto improbábel.

No referido a UPyD cómpre lembrar que, a nivel do Parlamento estatal, é o partido que mantén un discurso máis crítico co modelo autonómico. Ademais, en Galicia existe un baleiro de poder na súa cúpula, malia que unha enquisa recente enquisa dálle opcións de entrar no Parlamento Galego.

Este mes José Canedo, candidato á Xunta nas autonómicas, anunciaba que marchaba do partido. Entre as razóns para irse, Canedo apuntaba o protagonismo que na vida do partido teñen entidades externas como Galicia Bilingüe "que nada achegan nin ao partido nin aos cidadáns e co visto e prace da dirección nacional".

Ex-militante de Coalición Galega

Lago di no seu blog que "me gusta comunicar, me gusta organizar, me gustan los retos y luchar por hacer realidad aquello en lo que creo" , pero que "no me gusta la vida dentro de un partido". A continuación pasa a rememorar o seu "buen recuerdo" como membro de Coalición Galega onde "me sentí tratada como la niña mimada" e "iba por libre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

13 Xeremas

Confío, polo ben de Galicia e da intelixencia galega, que a esta señora só lle voten os catro gatos de GB.

12 gonzalezvillamarin

Qué meigallo lle deron a Galicia pra ter que aguantar xente coma esta en Galicia? Somos o único pobo que temos entre nos pobre xente que se autoodia e vai contra todo o que sexa galego. ¿Quén lle faría tanto daño a esta "tipa" Seguro que algún nazonalista que falaba galego. Outra cousa non o podo entender. Está amargada e resentida contra todo o que lle cheire a Galego. Xa se olla na sua cara que está chea de odio.

1 anonimo

Sí sí, ya se le ve la cara llena odio ji ji ji, y también se le ve que se autoodia mucho, manda carallo, y lo dicen estos amarguetas que solo verlos en las manifestaciones dan ganas de echar a correr

2 gonzalezvillamarin

Mas vale que esta tal Gloria Lago non salga de España, millor si sale de Galicia, pero si sale de España e a xente que teña ao rededor e sepa que vai contra o seu pobo, a sua lingua propia e apoia o idioma colonizador e imposto a forza durante séculos seguro que a toman por tola. Moi de boa saude mental, coma quen a apoia...non está.

11 gonzalezvillamarin

Si hay alguien de extrema derecha y antigallega es Rosa Díaz. Lo ha demostrado bien con sus expresiones y con el apoyo a BG contra la lengua y cultura gallega. Gloria Lagos tiene un problema de autoestima y está totalmente inmersa en el síndrome de Estocolmo que padece, haciendo e intentando conseguir mas gente a su causa para sentirse alguien. No hace más que renegados y parias dentro de la tierra que le es propia a los gallegos. Seguir a Rosiña o a Lagos é signo de personas acomplejadas, que necesitan sentirse arropados por el españolismo al verse descastados.

10 anonimo

Ya me gustaría a mí que diera el paso pero me da que esta reflexión sola la hace para criticar ciertas cosas y para chinchar un poco, que es muy sano y algunos se lo merecen.

9 antiantinacionalista

Unha pregunta esta LAGO non sera descendente dos envelenadores do metilico adegas LAGO? pois si uns envelenan o viño, outros as mentes dos cativos galegos e outros adulteran as exvieiras (oVieiras) non seran acaso todos os xinetes da apocalipsis que anuncian o fin do mundo despois do arrebatamento dos inocentes os 900.000 galegos que van desaparecer en 30 anos pola caida demografica? A besta "666" sera coma unha hidra con moitas cabezas -upeideismo, peperolo, corrup$oe, allos alienados de iu (ilusionistas unidos), exvieirismo traidor, e o xa clasico, e coñecido por todos rexionalismo "ben entendido"....

1 Lucense

É a mesma, tens abundante informaçom neste livro: http://casometilico.wordpress.com/ A empresa tinha como nome "Lago e Hijos" ( de p... e de pai cabr0m, diria eu, para usar um insulto equilibrado e nom sexista)

2 anonimo

Cómo me gusta veros rabiar, hasta os metéis con su familia, está claro que de argumentos contra sus propuestas andáis sobrados. Ladráis luego cabalga...

3 Ezpañó

Cabalgar claro que cabalga, junto con el Pousada he he he

4 gonzalezvillamarin

Vaia ca Gloria Metílica. Agora entendo o seu odio hacia todo o galego... Quíxéronnos facer como nos fornos nazis. E agora o quere facer desde a nosa identidade e cultura. Vaia peza de tipa.