Petición do Parlamento a Medio Rural para crear canles alternativas de comercialización

Tamén lle pide a creación de plataformas dixitais como vías adicionais de venda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2020 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

O Parlamento insta á Consellería de Medio Rural á creación de canles alternativas de comercialización nos mercados como vías de apoio á produción e comercialización dos produtos galegos.

Ademais, o texto, iniciativa do PP que saíu adiante na comisión de agricultura con 10 votos a favor e dúas abstencións, demanda tamén o impulso de plataformas dixitais como canles adicionais de venda.

Na iniciativa, os populares aludían ao escenario vivido durante o confinamento de marzo, cando a Xunta fomentou Mercaproximidade e tivo "gran aceptación".

Votación da toma en consideración da reforma da lei de saúde no Parlamento galego
Votación da toma en consideración da reforma da lei de saúde no Parlamento galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta