Feijóo pide actuar "con sentidiño" en Nadal para "evitar ou diminuír unha terceira onda"

O presidente da Xunta apela a "non botar pola borda" o esforzo destes meses agora que a vacina "está ao virar a esquina"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pide aos galegos que actúen "con sentidiño" durante este Nadal e lanza unha advertencia: "De todos nós depende evitar ou, polo menos, diminuír unha terceira onda da pandemia". Nun vídeo de case minuto e medio difundido a través das súas redes sociais este sábado, o mandatario galego lembra que a escasos cinco días da Noiteboa é "máis que nunca" momento de "extremar as precaucións e limitar ao máximo os contactos" se se quere pasar coa familia "estas datas tan especiais".

"Todos temos ganas de estar cos nosos amigos e abrazar aos nosos seres queridos, pero o que toca este ano é ser responsables e cumprir coas recomendacións que nos fai o comité cínico do Servizo Galego de Saúde", di Feijóo. Neste contexto, avisa que da actitude de cada un "depende evitar ou, polo menos, diminuír unha terceira onda da pandemia" que podería chegar coa entrada do 2021. "Da nosa forma de actuar depende a saúde daqueles que máis queremos, ademais da nosa. Non hai mellor agasallo para este Nadal que ser responsable e salvar vidas", insiste.

"NON PODEMOS AFOGAR NA BEIRA"

E é que, a pesar de que "as vacinas están ao virar a esquina", non se pode "botar pola borda todos os esforzos destes meses": "Despois de tanto nadar, non podemos afogar na beira". "Coidémonos e coidemos aos que máis queremos. Actuemos con 'sentidiño'. Bo nadal, bo nadal a todos", finaliza Feijóo no vídeo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun vídeo difundido para felicitar o Nadal.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun vídeo difundido para felicitar o Nadal.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta