A crise da Covid tamén afecta á lotaría e Nadal

As vendas caeron un 13,96% con respecto ao pasado ano.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/12/2020 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

As vendas do Sorteo de Nadal 2020 caeron un 13,96% en Galicia con respecto ao pasado ano, unha porcentaxe superior ao rexistrado a nivel estatal, que se situou nun 11%, segundo datos facilitados pola Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE).

En toda España, vendéronse 2.582 millóns de euros. En Galicia, esta cifra situouse en 149,3 millóns, un 13,96% menos respecto ao pasado sorteo.

Por provincias, na Coruña as vendas foron de 66,4 millóns de euros, cunha caída do 13,77% e un gasto por habitante de 59,32 euros. Na de Lugo, foron 23,3 millóns en vendas, un 10,72% menos e un gasto por habitante de 70,86 euros.

Na de Ourense, as vendas situáronse este ano en 13,5 millóns, un 10,48% menos e un gasto por habitante de 44,10 euros, mentres que en Pontevedra as vendas foron de 46 millóns, un descenso do 16,70% e un gasto por habitante de 48,83 euros.

Unha persoa compra un décimo para o Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2020. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Unha persoa compra un décimo para o Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal 2020. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta