Falece un dos históricos xornalistas da TVG

Manuel Díaz Maseda era o actual coordinador de Informativos de TVG e unha das caras do ente público durante os gobernos do PP.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/12/2020 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

O xornalista da Televisión de Galicia Xosé Manuel Díaz Maseda faleceu este mércores en Santiago de Compostela despois de sufrir un grave accidente de tráfico o venres pasado. Xornalista e licenciado en Dereito, Díaz Maseda foi unha das caras coas que o 24 de xullo de 1985 arrancaron as primeiras emisións da canle galega. 

Xosé Manuel Díaz Maceda
Xosé Manuel Díaz Maceda | Fonte: TVG

Foi editor e presentador de informativos, e redactor xefe de Informativos entre 2009 e 2017. Actualmente, era coordinador de Informativos de Televisión de Galicia e cada día daba conta da última hora desde a redacción, con entradas en directo nos programas da mañá. Así mesmo, Xosé Manuel Díaz Maseda era representante de CRTVG nas comisións de Informativos de FORTA, a rede de televisións autonómicas públicas, nas que era un membro especialmente valorado pola súa veteranía e traxectoria.

Nun comunicado, a TVG lembra que Díaz Maseda foi enviado especial a innumerables acontecementos dentro e fóra do país. Entre outros, os actos do 25 de xullo, as campañas electorais autonómicas, xerais e europeas, as sesións constitutivas do Parlamento de Galicia e sesións de investidura, ou emerxencias como o accidente do barco Discoverer Enterprise que destruíu en 1998 a ponte das Pías en Ferrol e desde onde informou en directo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

En fin, para morrer basta con estar VIVO ! A "estúpida" morte de Xosé Manuel serve de aviso a todos os que logo de 9 meses de tolemia informativa (torturadora) pensaban que a morte viña só polo virus do carallo.... E mira tí que todos temos os días contados... por máis que a publicidade nos venda que somos inmortais... ! O meu pesar a familiares e amigos Pero sobre todo UNHA FORTE APERTA SOLIDARIA aos nosos redactores do GALICIA CONFIDENCIAL por EXISTIR e seguir VIVOS por moitos anos de dios !!! Pasade unas boas festas e volver con enerxía para permitirnos RESISITIR o ano 2021 !!! Que boa falta nos fai a TODAS !!! Saúde e Boa Fortuna !!!