Falece o escritor e actor galego Lino Braxe

Era unha das grandes figuras da Xeración dos 80.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2020 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Diferentes colectivos culturais lamentan o falecemento este venres, día de Nadal, do actor e escritor galego Lino Braxe (Mugardos, 1962) aos 58 anos de idade na Coruña.

Por mor da súa morte, sucedéronse os pesares desde o ámbito cultural, entre eles o da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, cuxo grupo de teatro dirixía o propio Liño Braxe desde fai máis de tres anos. "Ata sempre amigo", escribía esta entidade nas súas redes sociais.

Pola súa banda, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lamenta "profundamente" o falecemento deste "artista total", xa que a súa obra abarcou os campos da interpretación, a dirección, a dobraxe, a radio, a dramaturxia, a narrativa e a poesía, ámbito no que perteneción á 'Xeración dos 80'.

Ademais, a AAAG lembra que foi unha persoa "crave" para a creación dos Premios María Casares, xa que contactou coa actriz para que cedese o seu nome aos galardóns.

Tamén a Fundación Amigos de Galicia enviou as súas "condolencias" á súa familia e achegados, á vez que manifestou a súa "tristeza" pola perda dunha persoa "que traballou tanto para potenciar a cultura galega".

Actor e escritor galego Liño Braxe.. ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
Actor e escritor galego Liño Braxe.. ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rafa

Foise un grande da cultura, do país.