Os trens volven circular pola vía de Oza-Cesuras tralo descarrilamento dun convoi

Será cunha limitación temporal de velocidade no punto do descarrilamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Ao mediodía deste martes quedou restablecida a circulación ferroviaria afectada por un descarrilamento ocorrido na noite deste luns no municipio coruñés de Oza-Cesuras. Así, segundo informa Adif, a circulación da liña León-Coruña, entre Oza-Cesuras e Betanzos, quedou restablecida, aínda que cunha limitación temporal da velocidade no punto do descarrilamento.

Un vagón de tren que cubría a liña entre A Coruña e Lugo sufriu a pasada noite un descarrilamento con 17 viaxeiros a bordo, á parte do maquinista e o interventor, aínda que ningunha persoa sufriu feridas. Segundo Adif, o suceso produciuse a consecuencia dun desprendemento de terras sobre a vía, á altura do termo municipal coruñés de Oza-Cesuras.

A consecuencia do incidente, os viaxeiros foron trasladados por estrada, pero o vagón descarrilado quedou na vía á espera de ser retirado e a circulación ferroviaria permaneceu cortada ata que este mediodía a zona quedou despexada. Como consecuencia deste corte da vía ferroviaria, durante mañá deste martes resultaron afectados dous trens, cuxos viaxeiros, ao redor de cinco persoas, foron trasbordadas por estrada.

Estación de tren galega. CEDIDA - Arquivo
Estación de tren galega. CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta