A aplicación galega do "tempo para xente intelixente"

"Smart Weather - O tempo para xente intelixente". Este é o nome da nova aplicación lanzada por Smart GalApps, a empresa galega pioneira neste eido e creadora, entre outros, do primeiro diccionario galego para móbiles.

Por Galicia Confidencial | | 28/06/2013 | Actualizada ás 09:21

Comparte esta noticia

Trátase dunha aplicación do tempo diferente. Nela déixase que sexa o usuario quen cree o seu propio prognóstico do tempo, baseándose nas imaxes animadas tanto de datos pasados (radar de chuvia, imaxes de satélite, etc.) como nas imaxes de predición para os vindeiros días.

O equipo de Galapps
O equipo de Galapps

Ademais, permite compartir as imaxes cos teus contactos, seguidores e amigos a través de Twitter, Facebook, email...A aplicación presenta un deseño completamente renovado, adaptado ao futuro iOS 7.

Smart GalApps promete que conxunto de datos irá aumentando periodicamente. Actualmente xa ofrece:

- Imaxes de radar de chuvia: da AEMET e MeteoGalicia, para a Península Ibérica, Portugal, España e a maioría das súas rexións

- Imaxes de satélite: da AEMET, MeteoGalicia, a IPMA e a NOAA, para todo o mundo, Europa occidental e África norte, Península Ibérica, España, Estados Unidos, Mar Caribe e Golfo de Mexico

Mapa do tempo do Smart Weather de Smart Galapps
Mapa do tempo do Smart Weather de Smart Galapps

- Imaxes de detección de raios: da AEMET, para España

- Imaxes de predición atmosférica: de MeteoGalicia, para temperatura, chuvia, vento, nubosidade, humidade relativa e neve de Europa occidental e África norte, Península Ibérica, Galicia e Norte de Portugal, e as 4 provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

- Imaxes de predición oceanográfica: de MeteoGalicia, para temperatura da auga e altura das ondas do océano Atlántico

A aplicación está dispoñible de balde no App Store para iPhone, iPod Touch e iPad e nuns días tamén estará dispoñible para Android.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Roi González Villa

Dicionario é cun só "c".