A idade de xubilación sobe a 66 anos desde o 1 de xaneiro

A pensión calcularase con 24 anos cotizados.

Por E.P. | MADRID | 31/12/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

As persoas do Estado que queiran xubilarse a partir de mañá co 100% da pensión terán que ter polo menos 66 anos cumpridos, en virtude da reforma de pensións de 2013, na que se elevaba progresivamente a idade de xubilación desde os 65 aos 67 anos, nun horizonte total de 15 anos.

Estes 66 anos serán a idade que se esixa para quen acrediten menos de 37 anos e tres meses de cotización (este ano esíxense 65 anos e dez meses cumpridos para poder xubilarse con menos de 37 anos cotizados). Se se superan os 37 anos e tres meses cotizados, os traballadores que queiran xubilarse desde mañá, 1 de xaneiro, co 100% da pensión terán que ter 65 anos cumpridos.

O que non cambiou coa reforma de 2013 é o requisito de cotización mínima para poder acceder á pensión contributiva de xubilación, que se mantivo en polo menos 15 anos, dous dos cales deben estar comprendidos nos 15 anos anteriores á xubilación. Ademais, desde este 1 de xaneiro o período de cálculo das pensións sobe un ano respecto de 2020, desde os 23 anos actuais ata os 24 anos. Isto supón que a pensión se calculará desde o 1 de xaneiro en función das cotizacións dos últimos 24 anos.

XUBILACIÓN PARCIAL

No caso de que os traballadores queiran acceder á xubilación parcial sen que a empresa faga un contrato de substitución, a idade mínima de acceso será a idade ordinaria de xubilación que en cada caso resulte de aplicación.

Se a empresa fai un contrato de substitución para cubrir o tempo de traballo que deixa de traballar a persoa que se xubila parcialmente, a idade mínima de acceso para a xubilación parcial será desde mañá de 62 anos se se teñen cotizados polo menos 35 anos e tres meses, ou de 63 anos no caso de que se teñan 33 anos cotizados.

Traballador. MINISTERIO DE INCLUSIÓN - Arquivo
Traballador. MINISTERIO DE INCLUSIÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta