O PPdeG acusa a Pedro Sánchez de "ideoloxizar" a repartición da vacina contra a covid-19 entre autonomías

A viceportavoz parlmentaria Paula Prado pide que se atenda a "criterios de porcentaxe de poboación vulnerable" para realizar a distribución das doses.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/01/2021 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlmentaria do PPdeG Paula Prado acusou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de "ideoloxizar" a repartición das vacinas contra a covid-19 e pediu que se atenda a "criterios de porcentaxe de poboación vulnerable" para realizar a distribución das doses.

A viceportavoz parlamentaria do PPdeG Paula Prado
A viceportavoz parlamentaria do PPdeG Paula Prado | Fonte: PPdeG.

"Estaría ben que o Goberno central atendese aos criterios de porcentaxe de poboación vulnerable ao que lle hai que administrar a vacina porque tamén niso e, a pesar de que a saúde non ten ideoloxía, o señor Sánchez está ideoloxizando a repartición de vacinas", censurou.

Así, asegurou que Galicia, cunha porcentaxe dun 25% de persoas maiores de 65 anos fronte ao "20%" de España, "recibiu menos vacinas que outras comunidades cunha porcentaxe de persoas maiores menor".

"Sería importante que nos trasladasen moitas máis vacinas das que nos trasladou o Goberno de España, porque temos máis poboación vulnerbale que outras comunidades ás que se lles trasladaron máis vacinas", incidiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta