Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2021 | Actualizada ás 11:34
A morte de seis persoas coa covid-19 na xornada do martes en Galicia elevou as vítimas da pandemia en Galicia a un total de 1.427.
Segundo informou este mércores a Consellería de Sanidade, trátase dunha muller de 85 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e doutra muller de 76 falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
Tamén perdeu a vida un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), outro de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e un home de 64 anos no Complexo Hospitalario Univeristario de Vigo (CHUVI). Así mesmo, na xornada do martes produciuse o falecemento dun home de 88 anos no seu domicilio de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.