(Vídeo) Así é o proxecto que procura á nova Greta Thumberg nas escolas de Galicia

A iniciativa "Activistas polo mundo que queremos" busca espertar o espírito crítico dunha xeración de mozos cada vez máis consciente.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O regreso ás aulas en xaneiro marca o inicio do segundo terzo do curso escolar pero, para unha serie de centros da comunidade galega, será algo máis. Neste 2021, case dez colexios e institutos de Galicia se sumarán ao proxecto educativo “Activistas polo mundo que queremos”, unha iniciativa de tres ONGs que conta con financiamento e apoio das institucións europeas e a Xunta.

Captura de pantalla do vídeo presentación da iniciativa 'O mundo que queremos'
Captura de pantalla do vídeo presentación da iniciativa 'O mundo que queremos' | Fonte: Youtube-AGARESO

O obxectivo do plan é "apoiar ao alumnado galego para que coñeza e se integre" no que os organizadores definen como un "movemento global de xuventude inspiradora", entre o que contan a activistas xuvenís como Gretta Thumberg, Malala, e Emma González. Baixo esta premisa, traballarán con máis de 500 alumnos para esperter neles o interese en "cambiar o mundo" para "mudar as cousas que non lles gustan"

"Con demasiada frecuencia os e as adolescentes son vistos como apáticos e egocéntricos", subliñan dende a organización a respecto dunha perspectiva que preteden desbotar. Destacan, neste aspecto, a presenza dunha "nova xeración de mocidade" que "está demostrando que moitos mozos e mozas están, de feito, moi preocupados polos problemas sociais, políticos e ambientais, e están completamente preparados para facer algo ao respecto". 

Con esta premisa en mente, o proxecto arrinca este luns 11 no CPI As Mirandas en Ares (A Coruña), o CPI Plurilingüe de Castroverde (Lugo) e na provincia de Pontevedra, o IES Primeiro de Marzo de Baiona,  IES Miguel Ángel González Estévez de O Carril en Vilagarcía de Arousa, o CPI do Toural de Vilaboa, e CPR Rosalía de Castro en Vigo. Será a oitava edición dun proxecto que xa achegou estas cuestións a "máis de 3.000 alumnos e alumnas dende o 2013", explican. Por mor da pandemia, a iniciativa incluirá este ano unha forte aposta pola educación virtual. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rui do

Pobres rapaces. Cómo los manipulan los de siempre, trinque de subvenciones incluido.