Técnicos en emerxencias sanitarias piden ser vacinados xa no segundo grupo de risco

Piden a eliminación de "calquera discriminación dentro deste colectivo".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 12/01/2021 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (Tesgalicia) pediu a inclusión dos traballadores do colectivo que realizan o seu labor no servizo programado e o sector privado no grupo 2 de vacinación contra a COVID-19.

Mediante un escrito presentado por rexistro ante a Xunta e o Parlamento de Galicia, a entidade denunciou a "discriminación" que establece o Plan galego de vacinación fronte ao SARS-CoV-2 da Consellería de Sanidade entre os técnicos en emerxencias sanitarias.

Así, criticou que se incluíu aos profesionais deste colectivo do servizo urxente no grupo 2 de vacinación, a diferenza dos técnicos en emerxencias sanitarias do programado e os que non traballan de modo directo para a Administración pública.

A este respecto, Tesgalicia recalcou que "todo o colectivo profesional traballa con calquera persoa potencialmente paciente de risco ante a COVID-19" e sinalou que os técnicos de servizo programado trasladan a un maior número de persoas que os que participan no urxente.

Deste xeito, afirmou que "non é aceptable" que se inclúa aos usuarios de residencias de persoas maiores e de atención a grandes dependentes e o seu persoal sociosanitario no grupo 1, mentres os técnicos que os trasladan "non están nin sequera no grupo 2 xunto aos do servizo urxente".

Por este motivo, a asociación reclamou a eliminación de "calquera discriminación dentro deste colectivo" e que todos os seus profesionais sexan incluídos no grupo 2 de vacinación "por ser persoal de primeira liña no ámbito sanitario e sociosanitario".

Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido axuda a subir á ambulancia a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta