Falece Fernando Miramontes, referencia histórica da loita antifranquista galega

Chegou a ser tenente de alcalde nun bipartito co PSOE, ademais de en varias ocasiones concelleiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Fernando Miramontes, histórico representante primeiro do Partido Comunista e logo de Esquerda Unida en Ferrol, faleceu este mércores, aos 85 anos de idade.

Veciño do barrio de Canido, o seu falecemento produciuse fóra da cidade, ao estar a residir agora cunha filla. Miramontes pasou polo cárcere polas súas ideas durante o Franquismo e foi un home ao que tanto os funcionarios do Concello de Ferrol como os seus compañeiros de partido lembran con gran respecto e admiración, sobre todo polo seu carácter conciliador, o que lle valeu para gañarse o respecto de representantes de todos os partidos políticos.

Chegou a ser primeiro tenente de alcalde nun bipartito co PSOE, sendo alcalde Manuel Couce Pereiro, ademais de ser varias veces candidato á Alcaldía de Ferrol e concelleira durante varios mandatos, coñecido tamén de maneira cariñosa como "gavilán".

ESCAPABA DE RECOÑECEMENTOS

En abril de 2019 presentouse un documental realizado con ocasión dos 40 anos da primeira corporación democrática no Concello de Ferrol, no que Miramontes foi un dos protagonistas. Recentemente foi obxecto dunha pequena homenaxe no barrio de Canido ao que acudiu enganado, xa que non gustaba deste tipo de recoñecementos.

A través das redes sociais foron varios os que mostraron o seu pesar por este falecemento, entre eles a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que se iniciou como edil en Ferrol con Miramontes como compañeiro de corporación. Tamén mostrou o seu pesar o anterior alcalde desta cidade, Jorge Suárez.

A súa capela ardente quedará instalada a partir das 12,00 horas deste xoves, 14 de xaneiro, no Tanatorio San Lorenzo de Ferrol.

Imaxe de Fernando Miramontes
Imaxe de Fernando Miramontes | Fonte: Cuerda Floja

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta