Velorio en Pontevedra polos 20 establecementos hosteleiros que pecharon

A Xunta responde anunciando que xa concedeu un 70% de axudas a negocios do sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2021 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

A hostalaría de Pontevedra, Poio e Marín organizou este venres un velorio para lembrar á vintena de negocios do sector que tiveron que pechar as súas portas pola crise derivada da pandemia e tamén para expresar o seu malestar coas medidas impostas polo Goberno.

Foron preto dun centenar de persoas as que se concentraron paulatinamente desde as seis da tarde deste venres na praza da Peregrina portando veas en sinal de recordo polos seus compañeiros que perderon os seus negocios e lembraron tamén aos propietarios de locais de lecer nocturno, que permanece pechado desde o mes de marzo.

A iniciativa foi convocada pola Plataforma de Afectados pola Covid (PAC) e contou coa colaboración do comercio local. Durante a concentración leuse un manifesto no que lembraron as principais reivindicacións do sector da hostalaría

Despois de dar o pésame ás familias das persoas falecidas pola pandemia e agradecer o traballo dos sanitarios, os hostaleiros mostraron o seu enfado coa falta de axudas ou a incompatibilidade de acceder a algunhas delas, co horario de peche, con que os contratados despois do 18 de marzo non teñan dereito ao ERTE ou coa subida da cota de autónomos e da luz.

No comunicado, a PAC quixo destacar que o notable peso da hostalaría, o turismo e o comercio tanto no Produto Interior Bruto do país como no emprego. "Non se nos ten en conta para sacar axudas á nosa medida", lamentaron. Por último, demandaron ás administracións a exención das taxas dos meses que a hostalaría estivo pechada, un ERTE único, facilidades no pago ás administracións e reducir a cota de autónomos.

Na mesma xornada que se producía esta protesta, a Xunta, a través dun comunicado, explicou que a Consellería de Emprego aprobou a concesión de axudas para case o 70% dos negocios de hostalaría da cidade de Pontevedra ao amparo do Plan de Rescate para Autónomos e Microempresas e os establecementos hostaleiros pechados como consecuencia das restricións sanitarias.

Un camareiro recolle a terraza do seu establecemento á hora do peche tras as medidas ordenadas pola crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia, (España), a 6 de novembro. A hostalaría permanece pechada desde as 00,00 horas deste s. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un camareiro recolle a terraza do seu establecemento á hora do peche tras as medidas ordenadas pola crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia, (España), a 6 de novembro. A hostalaría permanece pechada desde as 00,00 horas deste s. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta