Xinzo, primeiro concello galego en recomendar o toque de queda ás oito

Tamén pide o peche dos comercios ás seis. A súa rexedroa está en corentena tras ser contacto dun positivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

O Concello de Xinzo de Limia recomenda aos seus veciños que adianten o toque de queda ás oito da tarde e aos comercios que pechen ao seis, en solidariedade coa hostalaría e ante "a alarmante situación epidemiolóxica" do municipio e da comarca.

En declaracións a Europa Press, a alcaldesa, Elvira Lama, sinala que esta medida foi adoptada a modo de recomendación a través dun bando porque o consistorio carece de competencias para impola de forma obrigatoria.

Confinada á espera do resultado dunha segunda proba PCR despois de ser contacto dun positivo en coronavirus, a rexedora informou de que esta decisión será trasladada agora á Consellería de Sanidade, "á espera" de próximas medidas tanto por parte do Goberno autonómico como do central. Tampouco deu conta desta decisión ao seu partido, o PSdeG, segundo recoñece, xa que non tivo "nin tempo", e subliña que o que pretende é tentar frear o avance da pandemia e non ser pioneira.

O bando está asinado polo tenente de alcalde e xa publicado, e Lama espera que sirva para "romper a cadea de transmisión" aínda que sexa "pola vía da recomendación". De acordo cos seus números, en Xinzo hai 203 casos activos de covid-19 "e subindo", mentres que son outros 143 na comarca, o que deixa o dato en 346 para unha poboación inferior aos 20.000 habitantes. "Unha taxa enorme que non se pode permitir", advirte, antes de recalcar que "está en xogo a saúde da xente".

Praza Maior de Xinzo
Praza Maior de Xinzo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta