Temas: FRASEOLOXíA

“Estar coma unha cabra # cabuxa # tralla”, equivalentes, entre bastantes outras, á castelá “estar como una cabra”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 24/01/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Dándolle continuidade ó que comentabamos no artigo “Choverlle” ou “choverlle na cabeza”, equivalentes, entre bastantes outras, á castelá “faltarle un tornillo” (e mais concretamente na nota 1 do mesmo), imos desta volta con expresións equivalentes á castelá estar como un cabra, que, tal e como referiamos na dita nota, hai contextos en que son intercambiables, ou poden confluír, coas que se reflectiron no citado artigo e coas que se verán nos dous vindeiros (faltarle un hervor a alguien e írsele la pinza a alguien).

O último exemplar coñecido de cabra montesa galega
O último exemplar coñecido de cabra montesa galega

Estar alguien como una cabra

Estar como una chota # una chiva

{= Ser unha persoa que actúa dun xeito que amosa moi pouco sentido ou xuízo, ou dun xeito que dá a entender que está media tola ou que non rexe ben.}

Estar coma unha cabra

Estar coma unha cabuxa

Estar coma unha tralla

Ex.: A la pregunta del examen “¿Sabes quién escribió De catro a catro”? respondió con un “no”, y no se le ocurre otra cosa que ir a reclamarle a la profe que la respuesta era absolutamente correcta, pues de verdad que no lo sabía. ¡Está como una cabra!

Á pregunta do exame “¿Sabes quen escribiu “De catro a catro”? respondeu cun “non”, e non se lle ocorre outra estremonía ca lle ir a reclamar á profe que a resposta era absolutamente correcta, pois de certo que non o sabía. ¡Está coma unha cabra coma unha cabuxa coma unha tralla!

● Tamén:

Estar como una regadera # como una cafetera && [E MAIS]: Estar como un cencerro

Estar coma unha tarteira furada # coma unha criba # coma unha peneira && Estar coma unha peneira: perde[perdo, perdes...] por todos os lados && [E MAIS]: Estar coma unha trepia # coma unha tarteira # coma unha chocolateira # coma unha nasa

Ex.: Á pregunta do exame “¿Sabes quen escribiu “De catro a catro”? respondeu cun “non”, e non se lle ocorre outra estremonía ca lle ir a reclamar á profe que a resposta era absolutamente correcta, pois de certo que non o sabía. ¡Está coma unha tarteira furada coma unha criba coma unha peneira (: perde por todos os lados) coma unha trepia coma unha chocolateira coma unha nasa!

● Tamén, en contextos, e mesmo ás veces dando a entender que a actuación da persoa traspasa o limiar do que se considera o bo comportamento cívico:

Estar colgado # tarado # pasado && [E MAIS]: Estar guillado # grillado # pirado # zumbado # chalado # venado # majara # majareta # chaveta && [E MAIS TAMÉN]: Estar tocado && Estar tocado del ala

Estar trallado # trascado # tarado # pasado # colgado && [E MAIS]: Estar gamado # chalado # chirita # atronado # doído # turuleque [fem. turuleca] # tiruleco # tarabelo # atarabelado # trosco (de vez # de todo) && [E MAIS TAMÉN]: Estar tocado && Estar tocado da cabeza # do testo # do cacho

● Tamén, seguindo esas mesmas premisas:

Estar loco # chiflado # chalado && [E MESMO, en contextos probablemente máis limitados]: Estar trastornado

Estar tolo # louco # chalado && Estar atolado # atoleirado # atolascado # aloucado && [E MESMO, en contextos probablemente máis limitados]: Estar trastornado

● Incluso tamén, en contextos máis reducidos, na medida en que adoitan dar a entender que o comportamento anormal non é froito dun estado máis ou menos habitual, senón que é debido a arroutadas ou arrebatos:

Estar aluado # arramado

NOTAS:

1. Como formas léxicas sinónimas de tolo ou louco tamén se recollen en varias fontes, e temos rexistradas na oralidade, as formas léxicas pirado (existente con este mesmo significado en portugués), guillado e chaveta (“chaveta” con esta acepción de “tolo, louco”, xa que con outras acepcións si que se atopa recolleita no DRAG), vocábulos que non incluímos expresamente no artigo por mor de que poden supor posibles castelanismos.

2. Téñase en conta que a expresión estar coma unha chota, moi utilizada oralmente, constitúe un claro caso de castelanismo, xa que parte do termo choto -a (=1. Cría de la cabra, mientras mama. [DRAE]), inexistente na nosa lingua con ese significado (que en galego cubrimos coas voces cabrito ou chibo).

3. Como formas léxicas sinónimas de tolo ou louco tamén se recollen en varias fontes, e temos rexistradas na oralidade, as formas léxicas pirado (existente con este mesmo significado en portugués), guillado e chaveta (“chaveta” con esta acepción de “tolo, louco”, xa que con outras acepcións si que se atopa recolleita no DRAG), que non incluímos expresamente no artigo por mor de que poden supor posibles castelanismos.

Dado que non sabemos se as instancias normativas pertinentes xa as teñen estudado e rexeitado ou se están inda pendentes de análise con vistas a unha hipotética incorporación ó DRAG, en principio tampouco as desbotamos e simplemente as deixamos apuntadas como posibles opcións.

Pola súa banda, e como sinónima destes vocábulos ós que nós estamos a referir, si que reflectimos a voz gamado, que neste caso recollemos (á parte de que o temos de noso de xeito natural) sempre con gheada.

4. A voz trosco/a (que probablemente sexa máis empregada como substantivo seguindo o verbo seré un trosco, é unha trosca–, isto é, como sinónima de tolitates) pronúnciase con “o” aberto.

5. A expresión estar coma unha nasa, tirada para este artigo e con este significado da páxina web Fraseoloxía Carcamana, témola rexistrado con bastante maior incidencia para indicar que alguén está bastante, ou moi, bébedo, como veremos no seu día ó abordarmos os xeitos de dicir que concordan co castelán estar/ir como una cuba.

6. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Acevedo y Huelves, Bernardo & Fernández y Fernández, Marcelino: Vocabulario del bable de occidente. Publicado en 1932. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cuveiro Piñol, Juan: Diccionario gallego. Publicado en 1876. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Departamento de Cultura do Concello de Muxía: “Proxecto Buserana”. No seguinte enderezo de Internet: http://proxectobuserana.concellomuxia.com/a-benvida-ao-proxecto-buserana/

- Domínguez Rial, Evaristo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Bergantiños (Cabana de Bergantiños, Carballo e Coristanco”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 13, 2011, páxs. 301-404. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Fraseoloxía Carcamana. Dentro do blog Historia e historias da Arousa.

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Leiras Pulpeiro, Manuel: Vocabulario datado en 1906. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Martínez [agora, Martíns] Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Otero Álvarez, Aníbal: Contribución al diccionario gallego. Galaxia, Vigo, 1967. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Pintos Villar, Juan Manuel: Vocabulario gallego-castellano. Datado cara a 1865. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Porto Rey, Francisco: Diccionario gallego-castellano. Publicado en 1900. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano. Obra redactada entre 1840 e 1858. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta