Seguen os despidos en Galicia, 20 máis no sector téxtil

A multinacional Textil Santanderina botará a 20 traballadores dos 36 que ten en Neda

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

A empresa Galicia Textil, situada en Xuvia, en Neda, presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo para 20 traballadores dun persoal que na actualidade está formada por 36 operarios.

Así o trasladaron a Europa Press fontes coñecedoras da situación laboral da empresa asentada nun das marxes do río Xuvia e que se dedica á fabricación de diversos tipos de tecidos.

Na actualidade xa está constituída a mesa de negociación entre dirección da empresa e delegados sindicais de UGT e CIG, na que a parte empresarial xustificou esta drástica redución de persoal, superior ao 50%, por motivos económicos. A empresa ocupa unha parcela de máis de 50.000 metros cadrados e é propiedade dun grupo encabezado por Textil Santanderina, S. a., cuxa sede está en Cantabria e é un dos grupos máis importante a nivel europeo dentro deste sector.

Tenda de téxtil
Tenda de téxtil | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta