Feijóo apunta a Jácome pola filtración da foto sen máscara que publicou o Concello de Ourense

"Non sei se hai algúns intereses detrás", dixo ao ser preguntado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/01/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aclarou este xoves o que aconteceu o pasado 19 de xaneiro cando foi retratado falando co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, sen levar a máscara. A instantánea foi tomada ás portas do Pavillón dos Remedios, ao que acudiu con motivo da finalización das obras de reforma que estaban a ter lugar no seu interior.

Feijóo sen máscara ás portas dun pavillón deportivo na cidade de Ourense
Feijóo sen máscara ás portas dun pavillón deportivo na cidade de Ourense | Fonte: Concello de Ourense - Facebook

Así, suliñou que a instantánea foi captada xusto cando saía do coche oficial e cando estaba a punto de poñer a máscara posto que antes de abrir a posta estaba bebendo auga. "ía no coche bebendo e saín sen aproximarme a ninguén e xusto collín a máscara que levaba no bulso da chaqueta", explicou ao ser preguntado por Galicia Confidencial.

A foto foi distribuída e mesmo colgada nas redes sociais oficiais do Concello de Ourense que controla Democracia Ourensana. Por iso, Feijóo non dubidou en apuntar a "intereses" políticos en que se fixera pública esta ofotgrafía.  Feijóo xa foi duramente criticado por ter acudido a un acto electoral o pasado mes de decembro na Coruña sen portar a máscara obrigatoria. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jorge

Deberia de pedir disculpas por segunda vez e deixarse de botarlle as culpas aos demais,,, pero á terceira tarxeta roxa e expulsion 😜