Feijóo, un día despois de dicir que o toque de queda non é adecuado, acusa ao Goberno de non adiantalo

O presidente da Xunta avanza "aínda máis" limitacións en hostalaría, deportes e mobilidade no comité clínico do luns.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que a negativa do Goberno central a que as comunidades adianten o toque de queda máis aló das 22,00 horas "aboca" ás comunidades a adoptar "medidas máis restritivas".

Así, avanzou a implantación de maiores limitacións nos próximos días --o comité clínico volverase a reunir o luns-- que afectarán "aínda máis" á hostalaría, á práctica do deporte e "mesmo ao illamento municipal". Nunha intervención aberta aos medios antes de participar na reunión do foro dos fondos europeos 'Next Generation', asegurou que as medidas restritivas serían "menores" se "o toque de queda funcionase a partir das 20,00 horas e todos nos refuxiáramos nas nosas casas, as medidas restritivas serían menores".

Por iso, como o Goberno "non vai dar as ferramentas" ás comunidades, estas terán que "utilizar outras" para "restrinxir a mobilidade e determinadas condutas e comportamentos que teñen unha maior interacción social".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha intervención antes do foro 'Next Generation'.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha intervención antes do foro 'Next Generation'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Unhas declaracións que chegan tras insistir este xoves que é un "erro" chamarlle toque de queda porque ten "efectos reputacionais". Neste sentido e, ao mesmo tempo que reclama poder adiantalo ás 20.00 horas, asegura que podían utilizarse outras ferramentas "diferentes", como é unha "lei sanitara".

UN GOBERNO QUE "IMPIDE" XESTIONAR

Así mesmo, o presidente da Xunta lamentou que o Goberno de España "xa non estea á fronte da pandemia" e que "impida ás comunidades autónomas xestionar con medidas máis razoables". "Abócanos a medidas máis restritivas", remarcou. Neste sentido, Feijóo explicou que se as comunidades piden unha ferramenta non o fan "simplemente por unha confrontación política ou por molestar ao Goberno", senón porque queren "acertar".

"E, con todo, en España parece ser que quen lidera a pandemia é un ministro que xa non é ministro, senón que é o candidato nunhas próximas eleccións (Salvador Illa) e que, cando os presidentes autonómicos pedimos que se nos deixe traballar, négasenos as ferramentas básicas", censurou Feijóo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gumersindo Duarte González

Alberto Núñez Feijoo e un demagogo que hice di Unha cousa e a seman seguinte a contraria sen ruborizarse, e con toda a jeta do mundo botalle a culpa os outrosí das suas contradicions. O día trece de febreiro retirará as medidas por mor de salvar o entroido. E si non a o tempo.

1 Lad

Si señor, o campión da demagoxia dando clases de consecuencia, especialista en dicir unha cosa e ao seguinte día o contrario. Foi el quen dicía que había que salvar a campaña do Nadal... é agora recollemos o que se sementou.