O alcalde de Pontevedra critica que as novas restricións para frear a pandemia "chegan tarde"

Miguel Anxo Fernández Lores censura a "xestión errática" da Xunta .

Por E.P. | Pontevedra | 25/01/2021 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), lamentou que as novas restricións acordadas este luns "chegan tarde", tras "moitos titubeos e bandazos". "Espero que cheguen a tempo para evitar males maiores", trasladou.

Miguel Anxo Fernández Lores
Miguel Anxo Fernández Lores | Fonte: Europa Press.

Lores censurou a "xestión errática" da Xunta e subliñou que é "o estado de colapso" nos hospitais o que obriga a tomar estas medidas.

Ao tempo, lamentou que se usase como "escusa" non "empeorar" a economía, cando "está demostrado que a situación económica empeora canto máis se tarde en actuar".

Finalmente, ratificou que as restricións deben ir acompañadas de "axudas" para os sectores máis afectados na súa actividade --entre as medidas acordadas este luns está o peche da hostalaría--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta