A Xunta, a un paso de ser denunciada por “incumprir reiteradamente” a Lei de Transparencia

Ecoloxistas en Acción asegura que a administración Feijóo “non informa” a moitas das peticións formuladas pola plataforma.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Continúan as denuncias a respecto da “opacidade” da Xunta de Galicia. A última plataforma en alzar a voz contra a xestión do Goberno autonómico vén de ser Ecoloxistas en Acción, que asegura un “reiterado incumprimento” da Lei de Transparencia por parte da administración Feijóo. A denuncia marca un episodio máis na liña de críticas do ecoloxismo galego á política informativa da Xunta.

Feijóo, tras o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia
Feijóo, tras o Consello da Xunta.. Xunta de Galicia

Segundo denuncia Ecoloxistas en Acción, o suposto incumprimento viría dado porque o Goberno galego, explican “non informa” ou informa “parcialmente” cando se lle require información, así como “non contesta e denega as persoacións nos procedementos”. En concreto, a plataforma atinxe con estas denuncias á negativa da Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos a “contestar e informar a maior parte dos datos requeridos en xaneiro do 2020” pola organización, que inquiriu sobre as actuacións da Xunta para o control das especies de flora invasoras.

“Os datos solicitados non eran confidenciais nin afectaban á seguridade”, sosteñen dende a plataforma antes de anunciar que este “incumprimento” os levou a tramitar un recurso de alzada a finais de marzo do pasado ano, pero este tampouco foi contestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Por estas razóns, anuncian “unha vez agotada a vía administrativa”, acudirán á xustiza para “obrigar ao goberno galego a que cumpra a lei e deixe de obstaculizar ás asociacións ecoloxistas na súa labor de control cidadán ás accións de goberno da Xunta”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta