Investigan a aparición dunha loba abatida na Estrada despois dunha cacería

Galicia Ambiental denunciou o domingo en redes sociais o achado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Axentes ambientais dependentes da Xunta abriron unha investigación por mor da aparición este fin de semana dunha loba adulta no Monte do Penedo, na Estrada (Pontevedra).

Así o confirman a Europa Press fontes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que indican que os axentes, que foron alertados o domingo por un particular, atópanse solicitando a información que rodea a morte do animal.

Este suceso foi denunciado nos últimos días pola asociación Galicia Ambiental, que deu a voz de alarma en Twitter o mesmo domingo. De feito, segundo este colectivo, "horas antes" practicouse unha batida legal na mesma zona. Por mor do ocorrido, a asociación animalista Libera emitiu este martes un comunicado no que lembra que en Galicia a caza do lobo require "dun permiso excepcional", algo que "con todo non impide batidas irregulares ou supostos descoidos" que acaban coa súa vida.

Ademais, Libera lamentou que "é a segunda baixa" coñecida desta especie animal "no que vai de mes" en Galicia, tras a aparición dun exemplar atropelado o pasado 9 de xaneiro.

"CAMPAÑA DE ODIO CONSTANTE"

Para este colectivo, hai unha "campaña de odio constante" por parte de "algúns" sectores agrogandeiros e procaza que está "a fomentar unha criminalización" do lobo a pesar de que hai "liñas de axudas para a compensación de danos e para a colocación de medidas preventivas".

Non en balde, Libera tamén se dirixe ao Ministerior para a Transición Ecolóxica para que inclúa "dunha vez por todas" ao lobo ibérico na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespe), o que "impediría de facto a caza e melloraría as medidas de conservación da biodiversidade".

Tuit da asociación Galicia Ambiental no que denuncia a aparición dunha loba morta na Estrada (Pontevedra).. GALICIA AMBIENTAL
Tuit da asociación Galicia Ambiental no que denuncia a aparición dunha loba morta na Estrada (Pontevedra).. GALICIA AMBIENTAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta