Os transportistas piden servizos mínimos de restauración para atender aos condutores en ruta

Sinalan que "a limitación horaria na restauración endurece gravemente as condicións de traballo dos transportistas".

Por E.P. | A CORUÑA | 27/01/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

As federacións galegas de transportistas Fetram e Fegatrans-Apetamcor reclamaron á Consellería de Sanidade que autorice "uns servizos mínimos de restauración" para este colectivo. "A fin de evitar a paralización do sector debido ás duras condicións nas que están a desenvolver a súa actividade por mor da crise sanitaria", indican nun comunicado.

Neste sentido, sinalan que "a limitación horaria na restauración endurece gravemente as condicións de traballo dos transportistas, que dificilmente poderán manter a súa actividade nestas condicións moito máis tempo".

Así, inciden en que "ao feito de que xa son moitos meses traballando nunhas condicións de extrema precariedade, e baixo a responsabilidade de garantir o abastecemento xeral da poboación no contexto da crise sanitaria, agora engádese a maior limitación de apertura ao público dos establecementos de hostalaría e restauración".

Por outra banda, cuestionan que se adoptase unha medida así "contrariamente ao que xa acordaron sete comunidades autónomas" e engaden que para os profesionais do sector supón "ter que durmir no camión ou mesmo traballar en horario nocturno".

Camión de produtos de primeira necesidade. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Camión de produtos de primeira necesidade. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta