Os centros educativos galegos suman un novo máximo na pandemia con 3.511 positivos en covid-19

Hai, polo menos, 10 centros e escolas infantís pechadas e 169 aulas clausuradas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

A pandemia deixou un novo máximo de contaxios nos centros educativos galegos, que rexistran xa un total de 3.511 positivos de COVID-19 e seguen incrementándose rompendo cada día o teito de casos en activo nestas instalacións.

Estudantes nunha aula
Estudantes nunha aula | Fonte: Europa Press - Arquivo

A incidencia desta terceira onda da crise sanitaria obriga ás autoridades sanitarias a decretar o peche dunha decena de centros e escolas infantís, ademais de 169 aulas en todo o territorio galego (case unha decena máis que o día anterior). En concreto, trátase de nove escolas infantís e un centro de educación especial, a CEE Miño de Ourense, que conta polo menos seis casos nas súas instalacións.

O resto de centros son o punto de atención á infancia de Taboada, o de Friol, a escola infantil municipal A Cañiza, o PAI de Riós, a Praia Xardín de Boiro, Pequenecos de Curtis, Unitaria da Pobra de Trives, a municipal de Viveiro e a unitaria de Forcarei.

O balance facilitado pola Xunta reflicte de novo que os centros da área sanitaira da Coruña aglutinan o maior número de casos, 965 positivos e 41 aulas pechadas.

A área sanitaira de Vigo, pola súa banda, conta con 650 positivos, 59 aulas e 2 escolas infantís pechadas.

Os centros da área de Santiago rexistran 514 contaxios e 15 aulas e unha escola pechada. 

As escolas da área de Pontevedra contan con 426 positivos, 21 aulas e 2 centros pechados.

Así mesmo, a área de Ourense rexistra 367 positivos nos seus centros, ademais de 12 aulas e dúas escolas pechadas. 

Os centros da área de Lugo suman 330 positivos, 8 aulas e 3 escolas pechadas.

Finalmente, a área sanitaria de Ferrol presenta 259 casos e 13 aulas afectadas.

DEMANDAS SINDICAIS EN OURENSE

As seis organizacións sindicais que integran a xunta de persoal docente non universitario da provincia de Ourense --CC.OO, CIG, ANPE, CSIF, UGT e STEG-- denunciaron a situación da comunidade educativa nos centros da provincia e piden melloras nas condicións para impartir a docencia presencial, así como un novo protocolo tras a repunta dos casos de coronavirus nas aulas tras a volta das vacacións do Nadal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta