GC Aberto

"Os enfermos dependentes non son refugallos que se poidan acumular ou ciscar nun hospital"

O que vou relatar é unha experiencia persoal vivida o 1 de febreiros en Urxencias no CHUS.

Por admin | Rois | 04/02/2021

Comparte esta noticia

Meu pai ingresa ás 9:30 horas do día 1 de febreiro. Realízanlle as pertinentes probas médicas.
Tras a obtención dos resultados, deciden ás 22:00 h, tramitarlle a alta hospitalaria.
Citar, que a estado de saúde de meu pai é moi delicado.
Unha persoa dependente case ao 100% (hemiparesia hemisferio esquerdo e imposibilidade para manterse en pé).
Debido a estas condicións clínicas, precisa dunha ambulancia que o traslade ao seu domicilio.
Trascorridas as dúas primeiras horas (1:00 am) comunícannos que só hai 2 ambulancias operativas para todo o hospital na modalidade nocturna. Unha para persoas Covid e outra para as "limpas" (así as denominan).
A todo isto, mencionar que ao meu pai non se lle proporcionou ningún tipo de alimento durante este tempo (sen xantar, sen merendar, sen cear) e, por suposto, tampouco se lle administrou a súa medicación (que non é pouca).

Estamos a falar dunha persoa diabética con tendencia á hipoglucimia, entre outras graves patoloxías.

Dada esta situación, deplorable, vinme na obriga de improvisar un almorzo gourmet cos produtos, "altamente recomendados" que se poden extraer dunha máquina expendedora (un batido de chocolate e unha suela de napolitana). Todo isto para unha persoa que, debido ás secuelas da lesión cerebral sufrida, precisa dunha dieta para disfaxia (dificultade para a deglución de alimentos líquidos e sólidos).
Afortunadamente, a casualidade, fixo que no turno de noite aparecese unha enfermeira veciña que se achegou a preguntarme que facía alí.

Logo de explicarlle a situación e, a especilmente incomprensible manobra de manter a unha persoa con estas características sen inxerir ningún tipo de alimento, tivo a humanidade de dirixirse á cociña e rescatar unha compota de mazá e un iogur natural para paliar a fame ansiosa de meu pai.

As horas seguen pasando....

Farta do trato recibido e animada polo propia servizo de enfermaría , realizo a correspondente reclamación no servizo de Admisión de Urxencias.  A secretaria, tras manifestarlle as miñas queixas, explícame cal é o procedemento para o traslado en ambulancias.
- 1° os doentes que se derivan a outro centro hospitalario.
-2° os doentes que van as residencias e domicilios.
Co cal, neste punto, decatámonos de que, a orde de traslado nada ten que ver coa hora na que se solicita a ambulancia.

A espera faise insoportable. Son ás 4:00 am desde as 22:00 pm que lle tramitaron a alta e, xa froito do cabreo, malestar e indignación e con todo o contratempo e esforzo que implica mobilizar a unha persoa dependente, decido levar eu mesma ao meu pai no meu coche á residencia.

Por suposto, teño pensado interpoñer unha denuncia por este trato vergoñento e noxento.


OS ENFERMOS DEPENDENTES NON SON REFUGALLOS QUE SE POIDAN ACUMULAR E TER CISCADOS NUNHA CAMILLA (POR NON DICIR COLCHONETA) Á ESPERA DUN SERVIZO QUE NON CHEGA.

CANDO UNHA PERSOA ACODE AO HOSPITAL, E MÁIS NA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA NA QUE NOS ATOPAMOS, É PORQUE ESTÁ ENFERMA.

CANDO A SAÚDE DUNHA PERSOA ESTÁ MOI DEPRIMIDA, A ESPERA É ETERNA E AS CONSECUENCIAS DA MESMA NON FAN MÁIS QUE AGRAVAS A SINTOMATOLOXÍA.

OS RECORTES NO SISTEMA SANITARIO TAMÉN SON ISTO.
DÚAS AMBULANCIAS PARA O HOSPITAL CON MAIOR AFLUENCIA DE GALICIA É UN INSULTO!

SITUACIÓNS DESTE TIPO DEBEN SER DENUNCIADAS PUBLICAMENTE. POIDA QUE ISTO NON SERVA DE NADA, PERO QUEDAR COA BOCA PECHADA,  TAMPOUCO.

POR FAVOR, GUSTARÍAME QUE SE O CREDES PERTINENTE, FAGADES PÚBLICO ESTE ACONTECEMENTO. O QUE NARREI, NON É UNHA SITUACIÓN ESPORÁDICA E COMO CIDADÁ E PERSOA NON ME GUSTARÍA QUE ESTE TIPO DE ACONTECEMENTOS SE SEGUISEN PERPETUANDO NO TEMPO DE MANEIRA SILENCIOSA E SEN QUE SE TOMEN AS MEDIDAS PERTINENTES.


Berta Carou Espasandín.

Pacientes en estado grave e en cadeiras de roda e padiolas agardando nos corredores de Urxencias do CHUS / Asociación de Pacientes Pacientes en estado grave e en cadeiras de roda e padiolas agardando nos corredores de Urxencias do CHUS / Asociación de Pacientes
Pacientes en estado grave e en cadeiras de roda e padiolas agardando nos corredores de Urxencias do CHUS / Asociación de Pacientes Pacientes en estado grave e en cadeiras de roda e padiolas agardando nos corredores de Urxencias do CHUS / Asociación de Pacientes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta