Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 07/02/2021 | Actualizada ás 10:00
A nova realidade pandémica está a condicionar as posibilidades de viaxar, motivo que está facendo aumentar as visitas de proximidade.
Pois ben, aproveitando esta evidencia, a web Musement vén de publicar unha infografía na que sinala as 50 poboacións ‘máis populares’ de España, indicando só unha por provincia.
Así, pois, as escollidas a nivel de Galicia foron as seguintes: Betanzos, na provincia da Coruña, Ribadeo en Lugo, Allariz en Ourense e Cambados en Pontevedra. O portal de recomendacións e axenda turística sinala así mesmo estas poboacións como destinos perfectos para este 2021.
Na elaboración desta escolma, segundo indican no medio 20minutos, tívose en conta o volume de buscas en Google e que foran concellos de menos de 20.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.