Linchar ao máis feble

Dende sempre, adoitamos linchar ao máis feble. É o que está a facerse co maquinista do tren infortunado. Independentemente de que levase máis velocidade da que tiña que levar, o certo é que a sociedade xa non só dictou sentenza, senón que, en especial dende determinados medios escritos, está a facerse con el un linchamento en toda regra. Menos mal que está custodiado pola policía, porque a algún xornal de Madrid, se lle deixaran, iniciaba o linchamento de verdade. Ou case.

Por Francisco Castro | Vigo | 30/07/2013

Comparte esta noticia
Sempre se lincha a quen non se pode defender. Como é o caso deste home. Non se lincha a quen máis o merece (ollo, que quede claro clarísimo que non hai que linchar nunca, baixo de ningún concepto, a ninguén; levo décadas escribindo contra da pena de morte, canto máis contra isto). Dicía que non se lincha a quen máis o merece, aos señores capos das mafias dos bancos, aos señores políticos que aproban leis contra da poboación, ao rico riquísimo propietario e presidente do Consello de Administración que, para seguir gañando o mesmo que gañaba, despide a uns cantos centos de miles sen despeitearse, aos que fomentan, consinten, aceptan e promoven a escravitude infantil, a prostitución e tantas e tantas formas de violencia ben organizada. Eses medios de comunicación, de Madrid e de ultradereita, físicos e dixitais, orquestran campañas de linchamento contra os que acampan na rúa pedindo Democracia, como fixeron contra os de Nunca Máis, ou agora co maquinista. Nunca contra Rajoy ou reais familias de dubidoso comportamento. Mallan no feble. No que non se pode defender. Non mallan en quen deberan.
 
O mesmo día no que o linchamento cobraba máis forza (o sábado, a penas de tres días despois da traxedia), con xornais que entrevistaban a compañeiros do condutor do tren para que confirmasen que era un amante exacerbado da velocidade, e incluso un que visitou a súa vivenda (toma xornalismo de altura), entendemos que practocamente hai que dar por perdidos os 36.000 millóns de euros que se lle deu á banca. Ou sexa, un monte de cartos que se nos roubou a nós para manter o seu status quo privilexiado. Se de atopar un motivo para linchar se trataba, eu xa tiña un nada máis coñecer o roubo. Pero é moito máis cómodo, sen dúbida, linchar ao maquinista (e así, de paso, non falamos de medidas de seguridade, de recortes nas infraestruturas, de curvas mal deseñadas, etc.).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) é editor e escritor na Editorial Galaxia e desde 2010 é o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autor, entre outras obras, de "Xeración Perdida", "Un bosque cheo de faias", Spam e Chamádeme Simbad, entre outras. @franciscocastro