España e Portugal están "en contacto directo" para coordinar axudas polo coronavirus

As autoridades portuguesas descartan polo momento trasladar pacientes a Galicia, á que agradecen o ofrecemento

Por Europa Press / Redacción | Vigo | 07/02/2021 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade española, Carolina Darias, asegurou que está "en contacto directo" coas autoridades portuguesas para avaliar as posibles liñas de colaboración ante o repunte sen precedentes dos casos de coronavirus en Portugal. Darias "está en contacto directo coa súa homóloga de Portugal", Marta Temido, para "intercambiar información" e "avaliar as liñas de colaboración oportunas", explicaron fontes do Goberno español ao diario portugués 'Público'.

Segundo estas fontes, os contactos "sobre a situación epidemiolóxica dos dous países" intensificouse e "o Ministerio de Asuntos Exteriores de España está totalmente ao tanto de todo o que se di respecto da evolución da COVID-19 en ambos os países".

A Xunta ofreceuse a acoller a enfermos de coronavirus portugueses e tamén o Goberno español manifestou a súa disposición a axudar a Portugal nos últimos días. No entanto, segundo trasladou na tarde do sábado a Consellería de Sanidade da Administración galega, as autoridades portuguesas agradeceron o ofrecemento, pero, polo momento, descarta trasladar pacientes a Galicia.

Outros países como Luxemburgo, Austria ou Alemaña tamén ofreceron recursos a Portugal. Precisamente este domingo informouse de que o equipo médico militar alemán enviado a Portugal comezará a tratar aos primeiros pacientes este mesmo luns, informa a axencia de noticias portuguesa Lusa, que cita ao portavoz da misión.

Ponte internacional Tui-Valença, fronteira entre España e Portugal no sur de Galicia. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Ponte internacional Tui-Valença, fronteira entre España e Portugal no sur de Galicia. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta