O Colexio de Xornalistas convoca o premio 'Somos esenciais' para reivindicar o labor do xornalismo na pandemia

O premio será de 1.500 euros para o mellor traballo sobre a Covid-19 ou sobre a pandemia en Galicia durante o 2020.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) convoca, en colaboración con Gadis, o Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais', para reivindicar o labor das e dos profesionais da comunicación durante a pandemia en 2020.

Directiva do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Directiva do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia | Fonte: CPXG

O certame recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel dende o punto de vista informativo e de servizo público, pola súa rigorosidade, deontoloxía e como salvagarda do dereito á información e á liberdade de prensa. 

O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata as 14:00 horas do martes 6 de abril, puidendo presentarse todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos sobre a Covid-19 e a pandemia en Galicia durante o 2020. O premio será de 1.500 euros para o gañador ou gañadora e un diploma acreditativo.

XURADO

O xurado estará composto por Francisco X. González Sarria, decano do CPXG; Darío Janeiro Pereira, secretario do CPXG; Xosé Ramón Pousa Estévez, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; Belén Regueira Leal, vicedecana segunda do CPXG, Iria Rodríguez Martínez, responsábel de Relacións Públicas e Responsabilidade Social Corporativa do Grupo Gadisa; Pablo Santiago Martínez, membro da Xunta Directiva de AGARESO; e Cristina de la Vega Jiménez, xefa de Comunicacions e Relacions Institucionais da Area Sanitaria A Coruña-Cee e representante da Asociación Nacional de Informadores de Saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta