O pago das axudas á dependencia en Galicia atrásase por motivos contables

A Consellería de Política Social asegura que quedará resolto "estes días".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/02/2021 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

A concesión das axudas á dependencia atrasouse "algo menos dunha semana con respecto ao habitual" en Galicia debido a motivos contables, segundo fontes da Consellería de Política Social. En calquera caso, o departamento de Fabiola García garante que este mércores "xa empezan cobrar" os afectados e "nestes días" quedará, di, "todo" o problema "resolto".

En total hai en Galicia uns 24.000 beneficiarios destas prestacións, pero non todos eles teñen que estar na mesma situación, segundo precisan as fontes da consellería.

O atraso "duns días" no pago respondeu a cuestións contables, segundo explica a Xunta, que alude ao cambio de exercicios orzamentarios.

En calquera caso, asegura que é "de menos dunha semana" con respecto ao período habitual co que se executan estes pagos.

Atención a persoas dependentes
Atención a persoas dependentes | Fonte: Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta